A escenografÃa é o primeiro punto de contacto do público coa obra, é o espazo no que se moven os actores, pero tamén o marco que crea o cadro teatral. Por iso a escenografÃa é moito máis que o escenario necesario para que se produza toda obra teatral. Baltasar Patiño, Antonio Francisco Simón, Rodrigo Roel, Francisco Oti, Iago Seara, o murciano Paco Conesa, Carlos Alonso e mesmo Quico Cadaval son algúns dos nomes do artÃfices de vestir as táboas galegas para que pareza unha cometa, un barco, un encoro, un almacén ou a corte de Ricardo III. A tarefa dun escenógrafo non se limita a recrear un decorado, a facer que se pareza a algo recoñecible, senón a crear e a establecer un determinado clima dramático.
A obra comeza polas taboas
Francisco Oti, un dos responsables da escenografÃa da última montaxe do CDG e que ten unha longa carreira ás súas costas, asegura que “o primeiro que se pensa é no proxecto, no texto antes que a escenografÃa”. Como nos traballos audiovisuais, o director (que no CDG ten liberdade para escoller ao seu equipo técnico e artÃstico) é o encargado de establecer un punto de partida, de explicarlle ao seu equipo que é o que quere transmitir na montaxe que vai a expor. É neste momento cando o escenógrafo se pon a traballar. “En canto tes unha aproximación do que se pretende conseguir coa obra é cando comezas a pensar, explica Oti, sempre é un traballo de complicidade, é un traballo leal coa proposta do director. Asà durante todo o perÃodo de preproducción vaise xestando pouco a pouco o proxecto, porque a creación da montaxe preséntase con moita antelación aos propios ensaios dos actores da obra”.
Mentres o actor se vai metendo na pel da personaxe, o escenógrafo vai aprendendo a reproducir a filosofÃa da obra, a saber transmitir no escenario toda a esencia conceptual da obra. E non é un traballo doado.
Cuestión de espazo
“Como en todas as artes, asegura Oti, tes que buscar un equilibrio entre o que queres facer e o que podes levar a cabo”. Non é só unha cuestión económica (que tamén é importante), senón unha cuestión da realidade teatral na que te insiras. Por poñer un exemplo, o deseño do escenario dunha obra que vai a estar en xira por toda Galicia ha de ser diferente ao dunha obra concibida para un ou dous escenarios. Para Oti a razón é moi evidente xa que “ás veces temos que facer verdadeiras cábalas para poder incluir todos os elementos precisos para escenarios que teñen entre oito e dezaoito metros de boca- que é o frontal do escenario que está cara o público-”. Casas de cultura, auditorios, pavillóns multiusos, locais sociais.... a realidade cultural galega da exposición é realmente variopinta e iso é un condicionante a ter en conta á hora de deseñar o espazos nos que se move o personaxe.
Ademais, non só debe ser unha cuestión de estética, senón tamén de funcionalidade. Non é a primeira vez que un artista cae dun escenario debido á arriscada posta en escena dos decorados.
A parte polo todo
A escenografÃa non é un elemento illado. AÃnda que habitualmente se pense que abrangue só aos decorados, é o compendio dun todo que inclúe o acotamento escénico espacial e a arquitectura da escena que se suma ao “atrezzo” dos actores, a iluminación e todos os efectos especiais (no caso de que se precisen).
Coa lonxevidade que vai gañando a dramaturxia galega, cada vez cada vez gañan importancia e se teñen máis en conta estes elementos, aÃnda que con desigual acerto. En todo caso, tamén é unha técnica que se estuda, por iso haberá que agardar a ver que pasa coa futura escola de arte dramática que se creará en Vigo para ver se hai algunha evolución da actual escenografÃa galega. Segundo Oti, para ser un bo escenógrafo “hai que reunir unha serie de atributos; ter certa capacidade para o debuxo liñal e artÃstico, saber interpretar espacialmente unha obra, coñecer os segredos da escena, facer uso da concentración e da simbolización e ter moita capacidade imaxinativa”. Non só importa a dimensión artÃstica, senón tamén a arquitectónica por iso tanto arquitectos (é o caso de Iago Seara que deseñou “CalÃgula” para o CDG) como deliñantes (é o caso de Oti que ten unha longa traxectoria ás súas costas) empregaron os seus coñecementos técnicos ao servizo da arte dramática.
EscenografÃas de Antonio Simón
Antonio Simón. O Encoro, 2004
Director e productor, é ante todo un home de teatro. Comeza nas artes escénicas nos 70, e desde os 80 colabora asiduamente co CDG. Desenvolveu unha infinidade de labores: figurinista, escenógrafo, iluminador, actor e director. No audiovisual estivo vencellado á xénese do cine contemporáneo en Galicia e destaca como director da longa "A noiva de medianoite" (1997), na que adaptou con Lino Braxe un guión orixinal de LuÃs Buñuel. Ten feito diversos labores para numerosas produccións da TVG. É director e actor de dobraxe desde 1985.
EscenografÃas de Antonio Simón
Antonio Simón. O Encoro, 2004
EscenografÃas de Antonio Simón
Antonio Simón. Caderno de Bitácora, 1985
EscenografÃas de Antonio Simón
Antonio Simón. Caderno de Bitácora, 1985
EscenografÃas de Antonio Simón
Antonio Simón. Lugar, 1999
EscenografÃas de Antonio Simón
Antonio Simón. Lugar, 1999
EscenografÃas de Antonio Simón
Antonio Simón. Os vellos non deben namorarse, 2000
EscenografÃas de Antonio Simón
Antonio Simón. Os vellos non deben namorarse, 2000
EscenografÃas de Antonio Simón
Antonio Simón. Un refaixo para celestina, 1993
EscenografÃas de Antonio Simón
Antonio Simón. Un refaixo para celestina, 1993
EscenografÃas de Baltasar Patiño
Baltasar Patiño. O ano do cometa, 2004
Empresario, director, deseñador de espazos escénicos, pero sobre todo iluminador. Baltasar Patiño é un dos profesionais do teatro galego máis galardoados e recoñecidos fóra do paÃs. Conta con unha das traxectorias máis representativas da dramaturxia galega. Entre as súas montaxes, que se contan por decenas, figuran as montaxes de Matarile Teatro, compañÃa que creou con Ana Vallés en 1993. No 2004 fixo para o CDG “O ano do cometa”.
EscenografÃas de Baltasar Patiño
Baltasar Patiño. "O ano do cometa", 2004
EscenografÃas de Baltasar Patiño
Baltasar Patiño. "O ano do cometa" (bosquexo), 2004
EscenografÃas de Baltasar Patiño
Baltasar Patiño. "O ano do cometa" (bosquexo), 2004