É o autor galego máis vendido no estranxeiro con traducións a linguas coma o árabe, o xaponés ou o alemán. Manolo Rivas constitúe un fenómeno sen precedentes nas nosas letras, que editores e filólogos analizan para ver se realmente é este o comezo dunha internacionalización da nosa literatura ou se trata dun caso illado.
"O lapis do carpinteiro" supuxo o impulso definitivo á tradución de Manuel Rivas a outras linguas. Na actualidade existen versións desta obra en dezaoito idiomas e vendéronse xa máis de cincuenta e cinco mil exemplares, o que a converte na obra galega máis vendida no exterior. "É un caso único da nosa literatura", explica Manuel Bragado, director de Edicións Xerais. Despois de "O lapis", seguen na lista de obras traducidas deste autor unha escolma de vinte relatos que recolle contos de "Un millón de vacas", " Que me queres, Amor?" e "Ela, maldita alma" e que xa tivo versión en linguas coma o italiano ou o alemán. "Hai tamén unha edición turca moi bonita de O lapis e mesmo chegou ao xaponés". As razóns do éxito comercial de Manolo Rivas fóra das nosas fronteiras pódense buscar nunha multitude de factores. Bragado sinala as caracterÃsticas da obra e mais do autor como elementos destacados que favoreceron esta internacionalización. "Penso que en grande medida foi grazas ás caracterÃsticas do texto, á súa excelencia, asà como á presenza e o traballo do autor. Non penso que se poida considerar un fenómeno mediático". Dentro do traballo do autor destaca a proxección pública da súa faceta xornalÃstica e, mesmo en menor medida, a súa poesÃa. "Estamos ante un escritor total, e iso inflúe", sinala Bragado.
Éxito académico
Coincide en destacar o carisma de Rivas coma factor destacado do seu éxito Dolores Vilavedra, profesora de literatura da Universidade de Santiago e tradutora habitual deste autor para o castelán. "É unha persoa atractiva e que ten un discurso, e iso fai que literariamente sexa máis interesante". Vilavedra está afeita a recibir deste todo o mundo consultas de estudosos da literatura que se interesan pola obra deste autor, e é que o éxito non é só de vendas senón tamén a nivel académico. "Dos autores vivos é o mais estudado internacionalmente e con diferenza. Por cada dez consultas que recibo sobre Rivas, hai unha sobre outros autores. Eu teño a desgraza de que todo o mundo que o quere estudar ponse en contacto comigo, porque matan dous paxaros dun tiro ao falar á vez coa profesora e coa tradutora", apunta. Na actualidade, semellante interese académico por un autor galego só se mantén con RosalÃa. Francia, Estados Unidos e Italia, sen ningunha orde particular, son segundo a profesora os principais paÃses desde os que chegan as consultas. Estas céntranse fundamentalmente en campos concretos. "Interesa moito, non sei moi ben por que, o fenómeno da tradución, o xeito en que codifica a identidade galega na súa obra e a visión que dá do paÃs", sinala Vilavedra. "Talvez sexa mais interesante para os estudantes polo feito de que a súa obra, a pesar de ter fama de lixeira e de fácil, vai arroupada por un discurso sobre o propio texto, sobre o mundo e sobre Galicia, de xeito que os dous elementos dialogan", conclúe.
O impulso español
Tanto Bragado como Vilavedra recoñecen a importancia que a colaboración cunha editora destacada como é Alfaguara, do grupo Santillana, tivo na difusión do autor. "Inflúe moito o feito de contar con persoas que o promoveron a nivel internacional", recoñece o director de Xerais, que explica que "quen leva a Rivas é a Oficina do Autor de Alfaguara en Madrid. A internacionalización non é unha cuestión que corresponda aos propios autores e ás editoras, a figura dos axentes literarios e o apoio que se reciba á tradución desde os propios estados tamén xogan un papel destacado". No mesmo sentido, Vilavedra sinala que "a clave estivo na aposta inicial do grupo Santillana por el. Ao ter un grupo potente que o apoia, as editoras que o traducen son tamén sólidas e iso ten repercusión mediática. E logo está tamén a existencia de adaptacións ao cine das súas obras".
Os banzos
Canda a estas cuestións, Bragado apunta a rápida penetración no mercado en castelán coma un factor destacado. "Rivas foi un dos autores galegos máis rapidamente traducidos ao castelán con Un millón de vacas xa en 1990. Parécenos que este éxito é inmediato pero na realidade é un proceso lento que leva xa dez ou quince anos en marcha". No mesmo sentido, Vilavedra destaca que "no caso de Rivas foi un proceso en escalas, primeiro hai unha difusión estatal e logo é cando se chega á internacional". Para ese segundo banzo, o director de Xerais destaca a importancia da versión inglesa dos textos. "A tradución ao inglés é un elemento decisivo porque é unha lingua de referencia para que os editores doutras linguas poidan valorar o texto". Neste sentido apunta o papel destacado duns intermediarios a miúdo pouco coñecidos. "Os tradutores contribuÃron á internacionalización de Manolo Rivas. Son o que no mundo editorial se coñece coma sherpas, persoas que lles pasan informes ás editoriais sobre unha lingua determinada. Os editores facemos a valoración dos textos de linguas que non coñecemos a partir dos textos de carácter crÃtico e promocional que lemos e despois por estes informes".
Desde Galicia
A pesar do decisivo apoio que o grupo español prestou á figura de Rivas, Bragado salienta o esforzo que están a facer os editores galegos por potenciar os nosos autores fóra de Galicia. "O recoñecemento do noso sector a nivel internacional con respecto a hai dez anos é moi superior", unha mellora á que non é alleo o propio fenómeno Rivas. "En moitos casos as obras tradúcense directamente desde o galego, noutros fanse desde o español, o portugués ou o italiano. As traducións das obras de Rivas foron apoiadas pola Xunta, do mesmo xeito que o goberno irlandés apoia as de Seamus Heaney o Instituto Ramón Llull a de autores cataláns ou o Instituto Cervantes con españois", sinala. No entanto, ao seu ver, falta aÃnda "unha estratexia de paÃs para a exportación da cultura".
Outros Rivas
Acerca das posibilidades de que o éxito de Rivas se repita con outros autores, os dous especialistas consultados difiren. Vilavedra apunta que "non me parece fácil que se singularice tanto outro autor, serÃa necesario que acontecese algo semellante ao que lle pasou Rivas en canto ao apoio dun grupo importante". Pola súa banda Bragado é optimista. "Rivas é unha punta de lanza dun fenómeno aÃnda por chegar. Temos que ter unha grande esperanza. Caneiro está traducido ao alemán, Suso de Toro ten algún texto en francés, o mesmo que Fernández Paz, e Kalandraka está exportar mesmo ao Coreano", apunta, ao tempo que destaca a alta calidade dos nosos autores. De calquera xeito, condiciona de novo o avance neste campo á coordinación cos poderes públicos. "A clave do futuro é contar cunha institución que, tal como está recollido no anteproxecto da Lei do Libro, coordine o esforzo da Administración, dos editores e dos propios autores para dar a coñecer e promover a tradución da literatura galega". Quedamos pendentes de entón de comprobar se Rivas é un caso illado ou se, pola contra é só o comezo da penetración da nosa literatura nos mercados internacionais.