Xogos de rol. Levan anos a sufrir de mala fama por mor da actuación dalgúns desequilibrados. O descoñecemento e o sensacionalismo de moitos medios de comunicación axudaron a que se mantivesen como descoñecidos e estigmatizados para grande parte da sociedade. Sen embargo, nos últimos anos semella que algo comeza a mudar en Galicia arredor deste xeito de entretemento, e son xa varias as institucións que o comezan a ter en conta nos seus programas de ocio. O exemplo máis destacado, pola súa magnitude, o xogo de rol en vivo de ambientación vampÃrica que se desenvolve en Compostela o vindeiro dÃa vinte e nove.
O pasado ano, as rúas de Compostela aparecÃan cubertas de carteis que anunciaban “Ti serás a seguinte vÃctima”. A alarma social que xeraron logo amainou algo ao se coñecer que esta agresiva publicidade anunciaba a celebración dunha partida de rol en vivo de ambientación vampÃrica. Durante toda unha noite, as rúas do casco antigo da cidade enchéronse duns cento cincuenta mozos e mozas vestidos de negro, maquillados e con estrañas roupas que pretendina caracterizalos de vampiro. Todos eles na busca, a través de diferentes pistas e adiviñas dun suposto obxecto máxico. O xogo desenvolveuse sen incidentes e foi considerado un éxito polos organizadores, xa que , ademais dos participantes, quedaron aÃnda cen persoas en lista de agarda para se inscribir, o que animou os organizadores a repetir a experiencia, ampliando o número de participantes a quiñentos. A pesar desta ampliación, quince dÃas antes da celebración da partida xa estaban practicamente esgotadas as prazas.
O nacemento
Desde o colectivo Proyecto 13, organizadores de “O concilio das sombras”, Xurxo Iglesias sinala que “o noso primeiro contacto cos xogos de rol en vivo foi xa cinco anos cunha partida para unhas vinte persoas. Ao ver o interese que espertaba a iniciativa quiexemos facer partÃcipe a máis xente, e iso levounos a contactar co concello e organizar a primeira partida masiva” en 2004. A receptividade do concello de Compostela permitiu pór a andar aquel primeiro proxecto, o que amosa, segundo cre a propia organización, que está a mellorar a percepción social cara a este xeito de entretemento. “A mala imaxe dos xogos de rol vén do descoñecemento, e nós pretendemos que a xente comprobe pola súa propia experiencia que non son unicamente inofensivos senón tamén divertidos e interesantes”, destaca o coordinador do evento.
Mundo vampÃrico
A base do xogo está no regulamento e a ambientación do xogo de rol “Vampiro. A Mascarada”. Un universo no que, nun mundo semellante ao real, os non-mortos viven ocultos entre os humanos, organizados en clans que loitan entre si nunha complexa rede de intrigas. “Empregamos a ambientación básica do Vampiro e sobre isto facemos a nosa propia historia. Facemos unha adaptación para potenciar que todos poidan participar, non queremos atraer a xogadores expertos”, explica Iglesias, “Enriquecemos o xogo empregando escenografÃa, elementos de son e de iluminación para facer que os participantes se sintan coma parte dunha pelÃcula”. Deste xeito, xa na primeira edición puideron verse elaborados disfraces, potentes luces e elaborados efectos de son que acompañaban determinadas escenas do argumento. Para esta segunda edición ata cincuenta actores, maioritariamente procedentes do teatro universitario, interpretarán personaxes non xogadores que interactuarán cos participantes dándolles pistas e facilitándolles ou complicándolles a consecución dos seus obxectivos.
Guión aberto
Como acontece sempre neste tipo de xogos, o guión non está prefixado. “O argumento central xira en torno a nove claves ocultas que se deixaron en nove das principais portas da cidade. Isto lÃgase cunha historia que fixemos nós que é unha reinterpretación da biblia vista por un vampiro”, explica Iglesias. “O guión non é fixo, hai un traballo de previsión das posibles derivas argumentais” que dependerán das decisións que tomen os diferentes equipos de xogadores. “Hai dez persoas da organización, ademais dos actores, repartidos por diferentes zonas que van ir controlando como vai evolución da partida”, explica Iglesias. “O ano pasado facÃamos tamén reunións periódicas ás tres ou ás catro da mañá nas que se tenta falar cos xogadores e organizar a evolución do argumento”.
Facer historia e outros exemplos
Ó final, todo este proxecto sostense cun orzamento de nove mil euros que achega o concello e cos cartos que se ingresas coas inscricións. Estes recursos dan para facer historia no mundo destes xogos. “Non temos totalmente comprobado se é o máis grande que se fixo no mundo. O que si sabemos, por contacto con outras asociacións de rol en Europa, é que seguramente sexa o maior que se desenvolve no centro dunha cidade con total apoio do concello”, asegura Iglesias. A pesar da magnitude única desta proposta, ao avance dos xogos de rol, tanto en vivo como en mesa, como proposta de ocio é palpable no noso paÃs. Deste xeito, son xa parte habitual nos programas de ocio nocturno que se desenvolven en diferentes cidades. Pontevedra viu xa nos últimos anos coma os vampiros tomaban as rúas en dúas ocasións no marco destas actividades cun grande éxito de público. Dun xeito semellante, en Ferrol ou en Vigo desenvolvéronse iniciativas semellantes. Mentres son abondosas as cidades que celebran xornadas dedicadas a este entretemento, como é o caso de Ourense, que coincidindo coa Semana Santa, celebraba as súas xornadas.
Futuros
Entre os vindeiros proxectos de Proxecto 13 está a idea de organizar unha partida de ambientación medieval-fantástica nunha fraga e nun castelo. “Queremos facer un xogo con acampada, no que se mesture o tema medieval fantástico con elementos da historia medieval de Galicia”. Contactadas as administracións, están a agardar respostas para pór a andar o proxecto. A pesar do éxito que está a ter a experiencia, en Proxecto 13 ven complicada a posibilidade de facer da organización destes eventos un negocio. “O investimento que se fai nos medios é moi alto e co que recuperas coas inscricións só dá para cubrir gastos”, apunta Iglesias. Como traballo voluntario entón, na busca de favorecer novos xeitos de se divertir e de coñecer xente, continúa o traballo deste e doutros grupos a prol da difusión dos xogos de rol.