Antonio Rodríguez Colmenero, Santiago Ferrer Sierra e Rubén Darío Álvarez Asorey traballaron xuntos para presentar Miliarios e outras inscricións viarias do Noroeste Hispánico (conventos bracarense, lucense e asturicense). Un volume que localiza, cataloga e transcribe os miliarios, é dicir, os monumentos de pedra cos que os romanos balizaban e sinalaban os seus trazados. Este documento editado pola Sección de Patrimonio Histórico do Consello da Cultura Galega preséntase hoxe 20 de xaneiro, ás 17:00 horas no salón de actos da institución e mañá ás 12:00 horas, na Universidade de Braga (en Portugal).
Máis información no web do Consello da Cultura