O esgotamento de caladoiros en todo o mundo e o alto prezo do peixe está a lanzar a acuicultura como unha alternativa imprescindÃble para garantir o abastecemento destes produtos a baixo custe. No entanto, nos últimos tempos, a proliferación de granxas de peixes na Costa de Galicia está a motivar as protestas de grupos ecoloxistas, que denuncian que estes centros destrúen zonas de importancia natural e que están a priorizarse ante propostas máis respectuosas co medio.
Os recursos mariños son limitados, esta é unha cuestión na que todo o mundo está de acordo. A acuicultura amósase como un camiño que permite pór á venda grandes cantidades de peixe a un prezo moi inferior ao que se obterÃa de pescalo sen minguar con isto as reservas naturais da especie no mar. A inauguración o pasado mes de setembro da maior planta do mundo dedicada á crÃa de rodaballo en Cabo Vilán, onda o anuncio feito por Pescanova dun centro semellante a só quince quilómetros, en Cabo Touriñán están a pór de actualidade o debate sobre as vantaxes e os problemas que teñen estas industrias. Mentres por unha banda as empresas e as administracións consideran que este xeito de explotación é crucial para o desenvolvemento do paÃs e a creación de emprego, pola outra os ecoloxistas denuncian que estas instalacións créanse en zonas especialmente sensibles do litoral e achegan máis prexuÃzos que beneficios ao seu contorno.
Datos do sector
Santiago Cabaleiro, do Clúster de Acuicultura de Galicia sinala que esta actividade "pode ser un complemento á pesca tradicional e pode absorber algunha man de obra deste sector". Na actualidade, arredor de quiñentas persoas traballan no paÃs en actividades relacionadas coa acuicultura mariña. Stolt Sea Farm, principal produtora de rodaballo en Galicia pon á venda cada ano catro mil toneladas de peixe plano, e incrementará en mil duascentas esta cifra cando a factorÃa de Cabo Vilán estea a pleno rendemento. Pola súa banda, Pescanova pretende tirar anualmente outras catro mil toneladas de rodaballo da futura factorÃa de Cabo Touriñán.
A paisaxe
A necesidade que estas instalacións teñen dunha auga limpa, onda as grandes extensións que precisan levan, segundo explica Martiño Nercellas, voceiro de biodiversidade da Federación Ecoloxista Galega (FEG), a que se instalen en zonas cunhas condicións ambientais excelentes e na que o prezo do solo é moi baixo. Os ecoloxistas denuncian que, por exemplo, a macrofactorÃa de Cabo Vilán, do grupo Stolt Sea Farm, construÃuse nunha zona de grande valor paisaxÃstico e ambiental que está incluÃda na proposta galega para a Rede Natura 2000, o que en teorÃa limita severamente as actividades industriais que se poden desenvolver nese espazo. Do mesmo xeito, o proxecto de piscifactorÃa que Pescanova para Cabo Touriñán, ocupará unha zona declarada de Interese PaisaxÃstico Nacional. As dúas granxas suporán as máis grandes existentes no mundo dedicadas a esta actividade.
Outros problemas
Alén do impacto paisaxÃstico, os ecoloxistas denuncian que estas factorÃas provocan alteracións no ecosistema mariño que as circunda. "A calidade ecolóxica pode verse minguada, o propio estudo e impacto da factorÃa de Touriñán recoñece que a curto e medio prazo vaise ocasionar a desaparición de especies locais e favorecer a aparición doutras colonizadoras", sinala Nercellas, que apunta que son a grande cantidade de materia orgánica disolta na auga na que viven os peixes (comida e excrementos) e os medicamentos empregados para asegurar a súa supervivencia nos tanques os responsables destas alteracións. Por outro lado, e respecto ás posibilidades que abren como alternativa á explotación dos bancos pesqueiros, Nercellas asegura que "os peixes que se van criar neste tipo de instalacións teñen unha dieta carnÃvora que sosteñen con fariña de peixe, e esta fariña faise con descartes precisamente da pesca de altura, sobre todo a que non é selectiva, coma a arrastreira".
Desde a industria
Ante as crÃticas dos ecoloxistas a estes proxectos, desde o Clúster apuntan que "hai un problema de descoñecemento xeral ou é que nós non soubemos expresalo ben". AÃnda que Cabaleiro recoñece que "pode haber un impacto paisaxÃstico ou estético, que se pode discutir se o hai" e apunta que nese caso "pódense tomar medidas correctoras, e se as plantas teñen que desfacerse, o lugar queda coma antes". Con respecto ao problema a auga que as fábricas absorben e voltan ao mar, Cabaleiro asegura que "Non hai vertidos. Non existen. Se imos falar de vertidos gustarÃame sabe o que entenden por vertidos, por definición e concepto". Asegura ademais que están interesados en manter a pureza do medio. "O peixe das plantas de acuicultura só vive se a auga é extremadamente pura, se hai un rastro de contaminación, o peixe non poderÃa medrar. Somos os máis interesados en que ese contorno quede igual. Non se empregan antibióticos nas plantas", asegura, e reta a demostrar con análises o contrario. Segundo o representante do Clúster, o proceso redúcese a que "collemos auga, ese osÃxeno dámosllo ao peixe para que respire e logo poñémoslle de novo o osÃxeno á auga e vóltase ao mar."
Empregos
O proxecto que ten Pescanova para a súa factorÃa de Cabo Touriñán prevé a creación de catrocentos cincuenta empregos directos, segundo o anuncio da propia empresa. Isto suporÃa duplicar a o emprego que crea o conxunto do sector en todo o paÃs. Nercellas lembra que cando se instalou en Cabo Vilán a planta de Stolt Sea Farm prometérase a creación de 250 postos de traballo que finalmente quedaron nos quince empregados que manteñen actualmente o centro. "A maior parte son directivos e técnicos, os postos para a poboación local son moi poucos". Por outro lado, os ecoloxistas denuncian que o peixe producido en instalacións deste tipo prexudica os pescadores tradicionais. "A pesca de baixura e tradicional non vai ser competitiva con este tipo de especies. As empresas fan fortes investimentos de publicidade asegurando que calidade dese peixe é igual ao peixe artesanal"
Futuros
No Clúster salientan a importancia de desenvolver un sector no que Galicia pode ser lÃder a nivel mundial. "Hai moi poucas cousas nas que podemos ser lÃderes, serÃamos un pouco cainitas se nós mesmo coutamos o noso desenvolvemento e dicimos que non", sinala Cabaleiro, que lembra alén diso que Galicia pode ser unha referencia para a investigación neste campo, e que a experiencia que se adquire no sector pode beneficiar outras actividades. Polo de agora, as perspectivas para o crecemento desta actividade son boas. "Coa última reforma das leis do solo por fin se vai conseguir o desenvolvemento da acuicultura en Galicia. A nova lei contempla esta actividade de xeito especÃfico", apunta o representante do Cluster, que asegura que desde o Goberno Autonómico se amosou interese por favorecer este sector. Neste sentido, desde a FEG apuntan que "as modificacións que se están a propor permitirán a construción destas zonas en solos rústicos e en espazos naturais protexidos, mesmo nos máis simbólicos." Segundo Nercellas, ao construÃren por detrás da liña de Dominio Público MarÃtimo Terrestre evitan ter que axustarse á Lei de Costas e entran unicamente nas competencias autonómicas. Como alternativa, desde a Federación Ecoloxista Galega deféndese un modelo integrado no medio. "Apostamos por plantas pequenas e máis repartidas polo territorio, cunha menor pegada no medio e que poden xerar máis postos de traballo. Este tipo de instalacións non exixen grandes investimentos nin moita preparación do persoal, polo poderÃan estar ao alcance doutras persoas e complementarÃan outro tipo de actividades". O debate sobre como se debe criar o peixe continúa aberto.