¿Hai algún dramaturgo máis clásico que Shakespeare? Posiblemente non, por iso a Mostra de Teatro Clásico de Lugo programa dúas obras do dramaturgo inglés. Por unha banda “Teatro del Olivar” presenta a un “Macbeth” sobrio e que contará coa presenza Eusebio Poncela e, pola outra, os vascos Ur Teatro ofrecerán a súa versión de “A tempestade”. Completa o programa Morboria Teatro con “O lindo don Diego” de AgustÃn Moreno, a compañÃa José Estruch con “Castelvines e Monteses”. Cada función do ciclo, que terá lugar do 24 ao 29 deste mes, ten un prezo de seis euros, aÃnda que existe a posibilidade de mercar un bono (18 euros) para asistir a todas as funcións.
Máis información no web do Concello de Lugo e en El Progreso