Mercarlles agasallos aos máis pequenos da casa supón para moitos pais un problema desde o punto de vista dos contidos educativos dos xoguetes. Unha das alternativas que se poden encontrar en varias tendas do paÃs xorde de Irixoa, na Coruña, e consiste en bonecos feitos do xeito máis tradicional. Unha proposta que, detrás da súa aparente sinxeleza, contén toda unha proposta educativa e lúdica.
Un boneco feito a man. Unha representación pouco elaborada, para os canons actuais da industria xogueteira dun neno ou dunha nena. Feito con materiais naturais coma a madeira, o algodón e a la e co rostro pintado a man, un a un. Máis ou menos un xoguete coma os que empregaron durante séculos rapaces de medio mundo. Esta é basicamente a proposta que fai Casperle desde Irixoa. A empresa naceu hai pouco máis dun ano e está a tirar ao mercado cada mes seiscentos bonecos de diferentes tamaños e deseños, cada un deles único, coas peculiaridades que lles dá o traballo artesán e a dedicación dos produtores. Os responsábeis desta idea son o matrimonio formado por Jordi Alia e a súa esposa MarÃa LuÃsa. Ela encárgase de concibir os bonecos, mentres o seu home aproveita a súa experiencia comercial para introducir os produtos da empresa no mercado. Os seus propios fillos participan tamén no proxecto ao actuaren coma crÃticos das propostas da empresa.
A idea
Detrás de algo aparentemente tan simple coma os bonecos recheos de la que comercializa a empresa encóntrase toda unha filosofÃa. "A idea xurdiu cando conflúen por unha banda a miña traxectoria artÃstica coas miñas ideas filosóficas", explica MarÃa LuÃsa. "Empecei a estudar pedagoxÃa Waldorf, na que se fala sobre o emprego de materiais de grande calidade para os nenos, e é entón cando xurde a unión do artÃstico e do pedagóxico para facer uns bonecos que sirvan para que os nenos desenvolvan as súas calidades e potencialidades". No mesmo sentido, en Casperle procuran, por exemplo, que a expresión dos seus xoguetes sexa neutra, de xeito que o neno poida proxectar nel os seus estados de ánimo ou aporlle a actitude que prefira en cada momento, sen lle outorgar un rol previo ao xoguete.
A construción dos bonecos
Bonecos que representan personaxes clásicos da mitoloxÃa infantil europea. Fadas, bailarinas, camiñantes, nenos... Recheos de la e vestidos con este material e con algodón. No seu web explican que "estes materiais foron elixidos porque son "os materiais aos que estamos xeneticamente acostumados os seres humanos, non crean electricidade estática, son suaves, doces ao tacto, conducen o calor, sobre todo o humano". Cosidos e enchidos un a un de xeito manual, sete persoas encárganse de tecer os vestidos, encher os corpos ou coserlle os cabelos a estes xoguetes, sendo MarÃa LuÃsa quen lles dá o toque final co pintado manual dos riscos da cara. Neste sentidos tamén coidan as proporcións dos xoguetes "axeitadas ao ser humano para que o neno vaia vendo no exterior algo que é de si mesmo", explica MarÃa LuÃsa.
O xogo
"Están pensados para desenvolver a imaxinación do neno, permitirlle ser o creador do seu propio mundo", sinala esta artesá do xoguete, "os xoguetes non obedecen a un arquetipo de superhomes, nin mulleres esveltas e simpáticas nin seres deformes nin caricaturas, son bonecos sinxelos e humanos", apunta. Casperle lembra especialmente as posibilidades que a observación do xogo dos nenos lles achega aos pais, "cando o neno xoga con estes bonecos, os pais pódense dar conta de como está o fillo, como sente, xa que o neno proxecta as súas emocións e pensamentos sobre o boneco".
Importación
A aparente sinxeleza dos bonecos agocha unha produción complexa. A totalidade dos materiais cos que traballa a empresa son traÃdos de fóra de Galicia. Segundo explican os produtores, a la de ovella tráese desde León e de Astorga, mentres que as pezas de madeira chega desde Alemaña e os tecidos de Barcelona. A falta de produtores axeitados no paÃs deste tipo de materiais é o que, segundo estes xogueteiros, os obriga a buscar material fóra. Precisamente é en Alemaña onde estes empresarios sitúan as iniciativas máis semellantes á súa de canto coñecen nesta industria. Alén de bonecos, Casperle posúe tamén unha orixinal liña de complementos que vai desde cambiadores de bebés ata portapixamas ou coxÃns, todos eles elaborados cos mesmos materiais naturais que os bonecos.
Prezos e vendas
Os bonecos que fabrica artesanalmente esta firma varÃan de prezo e de tamaño desde os de trinta e cinco centÃmetros de altura dos maiores, pensados para que o neno se identifique con eles (os fabricantes recomendan mesmo escoller un que se pareza ao neno), ata pequenos bonecos cunha base pensados para seren agasallo tamén para adultos ou para os empregar á hora de lles narrar contos aos mais pequenos. Os prezos oscilan segundo o tamaño, e aÃnda que os máis grandes custan corenta euros, MarÃa LuÃsa e Jordi ofrécense para responder a encargas facendo pezas únicas, que poden chegar aos douscentos cincuenta euros. Casperle vende os seus produtos en tendas especializadas en xoguetes de madeira, e nos seus quince meses de traballo chegaron xa todo estado.
Futuros
"Os proxectos de expansión serÃan, alén do comercial, de tipo educativo", explica MarÃa LuÃsa. "Estamos comezando a ofrecer obradoiros de recuperación de contos clásicos, onde alén de aprender a construÃr un boneco, apréndese a contar historias". En pouco tempo, o matrimonio agarda pór en marcha un xardÃn de infancia e unha escola partindo destes parámetros. Pola banda comercial agardan continuar expandÃndose, "temos o problema de que o noso produto e novidoso, co cual dificúltase máis a venda". Por estas datas, cando menos, a actividade é frenética na empresa. Os reis han traer bonecos.