A emigración foi un fenómeno que chegou, con distinta incidencia, a todos os gremios profesionais de Galicia ao longo do século XX. Tamén os ilusionistas do paÃs buscaron, con desigual éxito, a súa fortuna fóra. O máis coñecido de todos eles foi Manuel RodrÃguez Saa, máis coñecido coma Conde Waldemar, que no primeiro terzo deste século foi recoñecido nas máis importantes cortes e teatros internacionais.
AÃnda que cando marchou da súa casa na aldea de Bagude, en PortomarÃn, foi para servir en Lugo e non levaba aÃnda vocación de meigo, Manuel RodrÃguez Saa acabou sendo un dos máis reputados profesionais do ilusionismo dos seus tempos. Non foi até que chegou a Madrid, aÃnda moi novo, cando entrou en contacto cos misterios deste mundo. Sen que se saiba moi ben o xeito en que o conseguiu, RodrÃguez Saa deu un chimpo e comezou en ParÃs unha carreira que o situarÃa no cumio da súa profesión. Segundo explica o Mago Antón, que o coñeceu persoalmente e sabe ben a historia deste grande da maxia, "Percorreu Estados Unidos,Venezuela, Cuba, Puerto Rico, Costa Rica e Arxentina. En Asia estivo en China, Xapón e a India, e aÃnda pasou por Sudáfrica e Australia".
O éxito
"A fase máis intensa da súa vida artÃstica concentrouse entre os anos 1914 e 1930, cando actuaba en grandes e en pequenos teatros. Polo que puiden ver nos seus carteis, especializábase en catro campos, as artes máxicas, a prestidixitación, o hipnotismo e a transmisión do pensamento", explica Antón. As súas actuacións eran máis habituais no estranxeiro do que no seu propio paÃs, aÃnda que non lle faltaron ocasións memorábeis, como aquela en que chegou a actuar diante da propia nai de Alfonso XIII. SerÃa precisamente este o rei que, segundo afirmaba o propio ilusionista, lle dera o tÃtulo de Conde Waldemar. "O conde é un personaxe perfecto para unha novela, xa que a súa vida está chea de claroscuros e ten unha chea de elementos que fan do personaxe un mito", asegura Antón. Entre estes elementos hai historias coma o seu matrimonio cunha nobre viúva filipina, que acabou tristemente ao falecer a dona e ao expulsar os seus fillos ao galego da casa.
O retorno e as lembranzas
O declinar da carreira artÃstica de Waldemar, que o afastou dos escenarios de primeira categorÃa non o arredou no entanto da práctica da maxia, que lle permitiu seguir gañándose a vida aÃnda até finais dos anos sesenta, cando decidiu voltar para a súa terra. "Cando se estabeleceu en Galicia foi no ano 1970", lembra Antón, "e frecuentaba moito Madrid, onde tiña relación con outro nome que foi unha lenda da maxia, Jose Frakson". FacÃa tamén abondosas saÃda a Lugo e a Monforte, onde tiña senllos cuartos alugados a perpetuidade. "Na súa última etapa facÃa maxia de perto, que se executa con obxectos cotiáns coma cartas, moedas, dados... e con moita proximidade ao público". Un dos trucos máis famosos dos seus anos máis gloriosos era o coñecido coma o Barman de Satán, "consiste en que o mago, cunha xerra de auga nas mans transforma este lÃquido en calquera que desexe o espectador, sexa coñac, viño, anÃs...", lembra Antón, que apunta que "é un xogo que hoxe apenas se fai e que tiña moito éxito naqueles tempos".
O encontro
AÃnda que nese seu retiro patrio non prodigou especialmente as mostras do seu traballo, nos últimos anos da súa vida, "actuou nas festas da súa parroquia con grande éxito", segundo lembra Antón. Foi nesta época cando o máis coñecido dos magos de Galicia, Antón, o coñeceu. "Foi en 1983 a través do xornalista Juan Soto, que á súa vez o coñecera moitos anos antes por Trapero Pardo. Eu non podÃa crer que aÃnda vivise en Galicia un mago que tiña perto de cen anos e que, segundo explicaba Soto fora o mestre de David Bamber ‘Fu-Manchú’, o mago máis emblemático da historia deste arte e un dos que máis admiro". E foino ver á parroquia de Narón, en PortomarÃn, onde residÃa coa súa irmá e os seus sobriños.
O final
"Encontreime cun home de noventa e oito anos que aÃnda era capaz de facer xogos a curta distancia, como a corda que cortaba de recompuña, algún xogo de cartas e o puro Montecristo que fumaba sempre e que facÃa desaparecer na súa man", lembra Antón. "Tamén bebÃa con noventa e oito anos unha botella de Felipe II á semana", dando mostras dunha grande vitalidade e lucidez. Logo da morte de RodrÃguez Saa, en novembro de 1984, quedaron naquela casa todas as fotografÃas, os carteis das actuacións, as cartas de felicitación de diplomáticos, algúns dos obxectos que empregaba para os seus números e outros elementos que dan fe de que a historia deste Manuel RodrÃguez Saa non foi unicamente unha ilusión. Entre as fotografÃas que se conservan hai unha na que se ve o Conde Waldemar dándolle a man nada menos que a Hiro Hito, emperador do Xapón. Esta fotografÃa foi a que o mago lles ensinou ás tropas imperiais que o pretendÃan fusilar ao pensar que era un espÃa en Filipinas, e que lle permitiu salvar a vida.
O herdo
AÃnda que Waldemar non deixou discÃpulos no campo da maxia nin descendentes directos, están a aparecer nos últimos anos en Galicia mostras dun seu legado espiritual. Por unha banda, un dos sobriños de RodrÃguez Saa montou o restaurante Conde de Waldemar en Ligonde, nas proximidades de Monterroso. Neste estabelecemento faise memoria da figura do seu antepasado e lémbrase a historia deste lucense internacional. Por outro lado, e recollendo o legado artÃstico e espiritual deste personaxe, en 1998 nacÃa en Lugo o Colectivo Máxico Waldemar, formado por magos desta zona, tanto profesionais coma afeccionados. Desde aquela, este colectivo veu organizando actuacións de maxia e trouxo á cidade algúns destacados ilusionistas internacionais. En abril do 2003 botaba a andar a I Semana Internacional da Maxia, un evento que viu a súa segunda edición o pásao mes de novembro de novo con grande éxito. Xa está en proxecto o vindeiro encontro de ilusionistas na Cidade da Muralla para o 2005, e ate entón, este colectivo está a artellar unha proposta para que o concello de PortomarÃn poña o nome de Waldemar a unha rúa. A ilusión continúa viva.