Habitualmente asociamos a AntropoloxÃa a análise de culturas afastadas ou ao estudo das sociedades tradicionais a piques de se extinguir. No entanto, do mesmo xeito que vai mudando a sociedade, a AntropoloxÃa vai adoptando tamén novos obxectos de investigación. Entre estes, un dos máis recentes é a análise das lendas urbanas, da adaptación aos novos tempos de antigos relatos orais ou das bromas que se transmiten por correo electrónico nas oficinas. No noso paÃs é Xosé Manuel González Reboredo o principal investigador neste campo e presentou as súas análises no simposio "Lembrando a XaquÃn Lorenzo" que organiza o Consello da Cultura Galega.
O folclore actual é para Xosé Manuel González Reboredo, antropólogo pioneiro na investigación destas cuestións no noso paÃs "un conxunto heteroxéneo de mensaxes socializadas que utiliza diversos soportes para transmitir ideas, valores, crenzas e crÃtica en espazos e/ou circunstancias informais e marxinais en relación coas fixadas pola dimensión formalizadora da cultura". Pola súa propia natureza, esta parte da nosa cultura non se deixa atar en formas inamovÃbeis. Neste sentido, pódese advertir que sobreviven na Galiciade hoxe formas da antiga tradición oral que se empregan en contextos ben diferentes de aqueles nos que foron creadas. Por outro lado dáse unha adaptación de relatos e personaxes de narracións clásicas ao contexto e ás tecnoloxÃas da modernidade e crea aÃnda novas formas de folclore. Do mesmo xeito que mudan os contidos, tamén muda o soporte no que se difunden estar creacións. "O novo universo no que vivimos obriga a cambiar e a actualizar o concepto e campo do folclore clásico", explica González Reboredo. Chistes, pintadas ou ruxe ruxes, son campos que para este autor débense ter en conta, alén de que cómpre "asumir que os temas poden circular en soporte papel, ou informático".
Adaptando os clásicos
Entre as adaptacións do folclore clásico, está a evolución que contos coma carapuchiña vermella sufriron ao longo das épocas, primeiro en forma exclusivamente oral e a partir dos séculos XVII e XVIII por escrito, axeitándose á mentalidade e ao sistema social que imperaba en cada época. Neste sentido, González Reboredo destaca que ao longo do século XX "o obxecto moralizador muda radicalmente" nestas historias e pon como exemplo a transformación de carapuchiña vermella nun conto que en boa medida transmite inquedanzas feministas. Do mesmo xeito que mudou o contido, mudou tamén o soporte da historia, e aÃnda que "ás veces incorpora o formato tradicional por vÃa oral, tamén aparece en pelÃculas, libros en prosa, poemas, espectáculos ou imaxes". Entre os exemplos da adaptación destas formas tradicionais aos novos tempos, Reboredo incide especialmente no emprego que se fai delas na publicidade.
A orixe
Xa nos anos setenta autores estadounidenses coma Dundes e Patger presentaron os seus traballos sobre narracións e outras formas en soporte papel que circulan polas empresas e que eles denominaron "folclore do papelexo". Pola súa banda, Fine foi pioneiro na análise das lendas urbanas dese mesmo paÃs (a famosa historia da carne de rata nas cadeas de comida rápida). AÃnda que no Estado Español xurdiron tamén nos últimos anos as primeiras publicacións dedicadas a este tipo de creacións culturais, en Galicianon se lle prestou aÃnda moita atención a este tema, sendo o propio autor un pioneiro neste campo. "Hai unha imaxe moi estendida e cultivada polos propios folcloristas de que só os contos tradicionais son auténtico folclore e q a nosa sociedade tecnolóxica non ten", explica.
Inquedanzas
"Nestes novos formatos, a sociedade reflicte as súas inquedanzas do mesmo xeito que o facÃa nas narracións do folclore tradicional", explica o estudoso. Deste xeito categoriza os incipientes exemplos deste tipo de folclore que puido reunir en creacións de tipo satÃrico sobre a xerarquÃa burocrática ou empresarial; textos que ser refiren a problemas polÃticos e de dominación supra estatal (e lembra a famosa historia do encontro entre a armada de Estados Unidos e uns fareiros da Costa da Morte); crÃticas que se fan desde o mundo do ensino ás mudanzas de plans educativos; análise das relacións entre homes e mulleres (con novas versións que empregan linguaxe informática, entre outras), e finalmente unha última categorÃa que agrupa relatos de diferentes tendencias e contidos no que inclúe como exemplo o coñecido conto sobre o virus galego. Na banda de novos relatos de transmisión oral, o antropólogo recolleu no noso paÃs historias sobre a introdución de animais perigosos en paquetes desde o estranxeiro ou a xa mÃtica lenda da solta de lobos ou de serpes por ecoloxistas e autoridades ambientais.
Inicios
De calquera xeito, Reboredo advirte que no seu traballo só fai "pequenas insinuacións sobre o tema" e que até o de agora o principal traballo que desenvolveu neste sentido foi a comunicación que presentou a pasada fin de semana no simposio "Lembrando a XaquÃn Lorenzo". De aquà en adiante quedan pendentes aÃnda "investigacións máis demoradas e mais detalladas sobre esta cuestión", analizando por exemplo, o contexto de creación e de recepción, asà coma a orixe dos textos. En breve Hércules de Edicións lanzará ao mercado unha antoloxÃa de contos populares que elaborou con Manuel Quintáns Suárez e que incluirá pola primeira vez, exemplos destas novas formas de folclore onda historias da sociedade tradicional.
Reclamacións
Do mesmo xeito que formas e contidos clásicos doutras tradicións foron actualizadas e empregadas para soportes publicitarios, González Reboredo non dubida en reclamarlle aos publicistas do paÃs "que boten man das variadas coleccións de narrativa oral de que dispoñemos nas súas campañas", aÃnda que recoñece que tantos os prexuÃzos sobre a suposta localización no rural do noso folclore como a cativeza do mercado dificultan este emprego. O autor advirte tamén que estas producións culturais "están a marchar a outra lingua" xa que a maior parte dos que el recolleu están en lingua castelán. Neste sentido fai un chamamento a que "os galegofalantes comprometidos coa nosa lingua baixen até estas periferias da cultura decididos a que noso folclore do papelexo conte tamén con narración sen galego". O futuro da lingua tamén se xoga nos contos por correo electrónico.