¿Cara onde vai o futuro do xornalismo?¿Qué papel vai a desenvolver o xornalista nos novos medios?¿E como se van adaptar os medios impresos? ¿Cómo consulta o lector esa información? Estas son algunhas das cuestións ás que pretenden responder un grupo de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela. Chámanse “Novos Medios”, están dirixidos por Xosé López e organizan o Congreso Iberoamericano de Xornalismo Dixital que hoxe comeza.
Até mañá á noite polo auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago de Compostela estarán Raúl Trejo, docente e investigador da Universidade Autónoma de México; Mario Tascón, director xeral de contidos de Prisacom e Gumersindo Lafuente, director de Elmundo.es, ademais dos profesores Javier DÃaz Noci (Universidade do PaÃs Vasco), Carlos Scolari (Universidade de Vic) e Rosental Alves (Universidade de Austin en Texas). Estes son algúns dos relatores que conforman o completo cartel do Congreso Iberoamericano de Xornalismo dixital. Unha cita que xunta por primeira vez en Compostela a expertos chegados dos paÃses iberoamericanos para analizar o momento que atravesa a comunicación na rede e as súas tendencias do futuro para empresas, usuarios e xornalistas. Pero este congreso internacional é moito máis que unha cita de expertos sobre unha materia, é a punta do iceberg dun proxecto moito máis amplo, moito máis fondo que desenvolve laboriosamente o grupo de "Novos medios".
Un grupo
"É un grupo de investigación que traballa en diferentes ámbitos da comunicación para atender ás tendencias que se dan tanto nos medios impresos coma nos dixitais". Deste xeito o profesor Xosé López sintetiza a filosofÃa de traballo dun grupo que leva varios anos lendo os medios de comunicación como non o fai ninguén: cun sentido analÃtico, buscando estruturas, cuantificando e cualificando a información publicada en lugar de lela unicamente. E todo isto para poder guiar aos xornalistas e aos medios para comunicar a información de xeito eficaz.
Dúas áreas
Para o director do grupo, Novos Medios artéllase en torno a dúas grandes áreas temáticas. "Por unha parte está o seguimento dos produtos periodÃsticos, sobre os que se fai unha análise de contido que dá lugar a unha reflexión e, logo hai unha segunda vertente que fai investigación aplicada para tentar identificar fórmulas novas na rede, formatos diferenciados que afecten aos ámbitos actuais". É dicir, o grupo funciona como un termómetro que mide a temperatura dos cambios mediáticos desde o que non o fará nunca un usuario, desde a análise de contido até os novos formatos que serven para comunicar a información. Nestes camiños andan agora metidos, porque segundo explica López "o grupo anda a ultimar unha análise formal e textual de diferentes fenómenos puntuais (o Prestige) nos medios impresos e outras aplicadas aos cibermedios".
Da súa man sairon investigacións relativas ao tratamento que os medios lles deron ao mal das vacas tolas e en curso están análises que pretenden averiguar como se configurou a axenda informativa de catro xornais (La Voz de Galicia, El Correo Gallego, ABC e El PaÃs) cando se produciu a catástrofe do Prestige. Alén diso, en breve presentarán un "Mapa de cibermedios", que pretende facer unha radiografÃa exhaustiva sobre os medios que actualmente publican en rede. Un proxecto que levan en conexión coas universidades do PaÃs Vasco, Navarra e Málaga e que permite deducir outra das caracterÃsticas de "Novos medios". Este grupo universitario vai tendendo pontes con outras redes cientÃficas para mellorar e enriquecer os seus resultados académicos, pero sen esquecer o factor identitario da comunidade á que pertencen. Novos medios é un poduto netamente galego que vela polo desenvolvemento investigador, cultural e comunicativo de Galicia.
Un perfil diferente
O grupo alónxase bastante do cientÃfico encerrado na súa torre de marfil, alonxado da realidade. Novos medios buscou sempre investigar e teorizar sobre os cambios que se Ãan producindo no mesmo tempo que estaban sucedendo. Un esforzo de actualización que levou a abrir camiños "a priori". Foron ampliando o seu abano de traballo desde metodoloxÃa puramente analÃtica até formar parte da realidade mediática creando diferentes produtos comunicativos. Foi asà como naceu "Gaceta de Galicia", o primeiro formato mediático do grupo e que pretendÃa explorar as facetas de colaboración dun xeito trilingüe (galego-español-inglés). O seguinte traballo foi moi diferente, destinado a un público moi reducido e enraizado culturalmente en Galicia. Chamábase "Xogos Populares" e era unha animación en flash que foi merecedora do premio Novos Linguaxes de Coca-cola. Outro dos produtos que desenvolveron foi "Gaceta do Minho". En colaboración coa Universidade do Porto tentaron afondar en dúas vertentes: en primeiro lugar que estaba interesado en explorar o concepto de "xornalista multimedia", en ver si un xornalista era quen de editar, escribir para a radio e para a televisión e, por outro lado, comprobar e coñecer as caracterÃsticas do teletraballo. Ao abeiro deste grupo, e en colaboración co Consello da Cultura Galega, tamén se desenvolveu o portal con contidos culturais, Culturagalega.org.
Aplicacións sociais
O grupo de Novos Medios dá un paso maÃs alá no seu traballo meramente académico ofrece servizos a institucións e empresas que o soliciten. Asà desenvolve planos de comunicación corporativa e de comunicación integral, auditorÃas de comunicación, deseño e elaboración de produtos informativos -medios impresos e medios electrónicos en rede e a creación de páxinas web e de servizos informativos. Todo un carácter práctico que outorga unha dimensión social e utilitaria a un grupo de investigación que é académico de raÃz e que se pode consultar no seu sitio web.
Son os novos gurús da información que teñen unha traxectoria tan curta como prometedora e aos que aÃnda lles queda moito camiño por diante.