A recente aprobación no Congreso dos Deputados do proxecto da Lei de Ordenación Universitaria (LOU) está a motivar masivas protestas da comunidade universitaria estes dÃas. Logo dos Claustros extraordinarios da pasada semana, esta semana chega cun paro de seguemento masivo, manifestacións e encerramentos nas facultades. A reclamación unánime é que se paralize o proceso de aprobación da Lei e que se abra unha rolda debate na que participe a comunidade universitaria.
A discusión
Logo de varios meses de polémica, o Congreso dos Deputados aprobaba o dÃa vintesete de xullo o anteproxecto da Lei Orgánica das Universidades e deixábao preparado para a súa discusión na Comisión de Educación do Congreso. Con protestas cada vez máis fortes por parte de diferentes sectores da Universidade, a discusión prolongouse durante un mes aceptando só once enmendas das seiscentas presentadas ó texto. A finais do mes de outubro aprobábase o proxecto co apoio do PP, CiU e Coalición Canaria no medio das protestas xeralizadas das Universidades do Estado. Unha protestas que remataron de cristalizar esta semana, coincidindo coa entrada do proxecto no Senado para a súa discusión. Desde as universidades reclámase que se paralize este debate e se poña en marcha unha rolda de discusión na que participen todos os sectores afectados.
A lei
As reclamacións que se están a realizar desde o colectivo universitario refÃrense á eliminación da Selectividade, a perda de representatividade dos alumnos e o sistema de bolsas, que non fica definido polo proxecto de Lei. Pola banda dos profesores, reclámase a continuidade da figura do profesor contratado e a eliminación da proba de aptitude que só terán que facer os docente de ensino público. En xeral, toda a comunidade está en contra da concentración de poder en posto unipersoais e a perda de importancia de órganos coma o Claustro ou a Xunta de Facultade. En xeral, critÃcase un favorecemento das universidades privadas fronte ás públicas ademais dunha vulneración das competencias autonómicas sobre ensino e un proceso de debate que se considera apresurado e pechado.
As protestas
As mobilizacións están a ser constantes nas tres universidades galegas. Manifestacións, peches e paros están a sucederse. As mobilizacións máis multitudinarias están a ter lugar en Compostela, onde se constituÃu unha Asamblea de Estudiantes de Compostela e se produciron encerramentos de alumnos na Facultade de Historia e de profesores no Instituto de Ciencias da Educación en Mazarelos. Ademais, en todos os centros se reuniron Xuntas de Facultade para decidir as medidas concretas, que van desde un paro semanal á folga indefinida. Nas sucesivas xuntanzas que se realizan en todas as facultades vanse decidindo as medidas concretas de protesta que se desenvolverán en sucesivos dÃas.
Para esta mañá habÃa convocadas nas sete cidades galegas concentracións de protesta para a nova lei, nas que se estaban a concentrar grandes multitudes.