Os tempos están a mudar para o patrimonio. A importancia que está a conseguir o noso legado material e intanxíbel- como un activo recurso para atraer o turismo provoca unha multiplicación das iniciativas para recuperar o perdido e conservar e promocionar o que xa se coñece. Neste marco a Xunta organiza estes días un curso de xestión do Sector Público Cultural. Ábreo un dos máis recoñecidos técnicos que traballan sobre o noso patrimonio, Felipe Senén, que nos debuxa un panorama pouco optimista sobre a situación actual.
Museólogo e técnico de cultura desde hai máis de vintecinco anos, autor de numerosos proxectos de posta en valor, a experiencia de Felipe Senén tradúcese nunha visión abondo pesimista sobre a situación do legado cultural galego. Para este especialista a creación de grandes parques para a difusión de legados arqueolóxicos non ten moito sentido se non están durante todo ese proceso os arqueólogos. Neste sentido apunta que hai que vender o aberto por obras, é dicir, que os depósitos e o proxecto de posta en valor estean a disposición do público durante todo o proceso. Tamén o patrimonio etnográfico precisa máis atención. Galicia é un dos poucos países do mundo onde aínda vive o carro de vacas, que é unha industria da Idade do Bronce. Onda isto hai os batáns ou os muíños, auténticos museos vivos a funcionar. Pero logo intervén dun xeito paternalista a Administración e fai disto auténticos chalés, advirte Senén, que lembra o descoido no que se encontra este campo do noso legado a nivel de ferramentas e aparellos, e mais concretamente no caso do moble. Este é un recurso patrimonial para crear o novo moble galego. Estase a facer espontaneamente en Sarria, onde se recupera o moble antigo, reprodúcese e véndese para toda Europa. Nin sequera un ámbito coma a música escapa da crítica deste estudoso, que reclama maiores estudios de eidos coma a percusión tradicional e unha maior implicación na recollida, denunciando unha tendencia excesiva a mimetizar a música folk irlandesa. Seguimos facendo música dos demais en vez de facer música nosa.
Cociña e arte culta
O pesimismo impera tamén na visión que este técnico da cultura ten sobre a situación dunha parte tan pouco estudada na nosa cultura como é a gastronomía, O patrimonio gastronómico está a ser agredido por modas coma a Nouvelle Cuisine, cando temos unha cociña tradicional que hai que saber presentar, mellorar e servir. Para Senén, o noso xeito tradicional de preparar os alimentos é un potencial máis do que nos debemos valer. Estamos a ver como as pizzerías son un negocio dos máis grandes en medio mundo, e nós temos as empanadas, as filloas ou o caldo. E isto é un recurso ao que hai que saber tirarlle brillo. Na súa reflexión sobre o patrimonio inclúe Senén o campo tan esquecido como a arte culta actual, que para el vive sempre a remolque da bienal de ARCO e doutras foráneas, e para a que reclama un maior compromiso coa identidade e a historia do país pouco se ten afondado como fixeron Luís Seoane e Díaz Castro no Laboratorio de Formas de Galicia, que deu finalmente na cerámica pero que tiñan pensado que dese tamén no deseño do moble, no gravado, no libro, na serigrafía, no deseño do tear... Eran as industrias da memoria, facer arte a partir da identidade.
Historia e congreso
Felipe Senén López é licenciado en historia da arte e fíxose coñecido fundamentalmente por desempeñar, entre 1979 e 1996 a dirección do Museo Arqueolóxico da Coruña. Desde entón, traballa como técnico de xestión cultural na Deputación da Coruña. Ao longo dos anos ten realizado máis dun cento de proxectos de posta en valor de bens patrimoniais e escribiu abondosos libros sobre cuestións coma arqueoloxía ou etnografía, entre os mais recentes, unha análise da obra de Xaquín Lorenzo, Xocas. A súa carreira levou a que fose escollido pola Dirección Xeral de Promoción Cultural para abrir o curso sobre xestión do Sector Público Cultural que comeza hoxe cunha conferencia dedicada ao estado actual do patrimonio en Galicia. Este encontro, que pretende en boa medida formar eses profesionais que reclama Senén impártese entre hoxe e o vindeiro sábado no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. A necesidade de comunicar o traballo sobre a xestión deste ben, as intervencións nas cidades ou mesmo unha análise da xestión do Xacobeo son outros dos temas que se insiren neste programa.
A burocracia
Nesta necesidade de saber conectar a cultura coa realidade e co rendemento económico insiste moito Senén. O tema da xestión do patrimonio cultural semella que é un tema de simposio, cando en realidade debería ser algo que está sobre o chan, apunta o museólogo. Ao seu ver, moitas das grandes infraestruturas culturais que se abriron recentemente no país non están ben rendibilizadas e deben estar máis en función do grande público, para informar e formar. Aquí temos moitas gaitas, moito instrumental, pero faltan os músicos, coma Díaz Pardo ou Castelao que saiban arrincar música deles e saber sensibilizar e convencer cara a Galicia. Neste sentido recoñece a importancia de aproveitar un recurso como é o turismo Penso que a recuperación do patrimonio debe ter dúas vertentes. Unha é a sensibilización e a educación, onde se implica a recuperación da identidade cultural. A outra é un recurso económico destacado como o turismo. E para isto reclama unha reorganización da xestión deste ben en función do ocio das persoas, que se concentra nos sábados e nos domingos. Na actualidade vemos paradoxos coma museos e templos que pechan nestes días.
Cos pés no chan
De pouco vale que se fagan grandes Guggenheims e centros se en realidade falta a paixón e a capacidade de traballo para dinamizar isto. Para Senén, a xestión do patrimonio é unha cuestión de paixón por este traballo e de sensibilidade, para o que reclama unha maior valoración dos licenciados en humanidades fronte a outro tipo de técnicos. Os principais responsábeis no campo son os poderes públicos, e eu penso que este patrimonio ten que pasar polas mans dos profesionais e da xente sensíbel e asumir que estamos burocratizados de máis. Neste sentido recoñece a importancia do traballo de base que se desenvolve de asociacións e pequenos colectivos. Galicia nisto é unha auténtica marabilla. Hai unha grande loita por apoiar a tradición. Cantas corais e grupos de danza salvaron tantas tradicións a base de reunirse todos os días contra vento e marea... Moi poucos países teñen esa riqueza, e eses son os espazos da cultura que hai que equilibrar fronte a cousas coma as grandes sinfónicas.
Análise sociolóxico
Para Senén todos estes problemas son a expresión dunha cultura anómica, é dicir, que está en crise de identidade como resultado do choque entre dúas culturas, e como exemplo disto pon un exemplo facilmente identificábel. Vense chalés onde reina unha certa cursilería fronte a rehabilitacións coidadas con apego à tradición. Pero tanto nunhas como noutras vese en boa medida o amor polo pasado galego. Ao carón de moitas casas vese ese recordo ancestral que é o hórreo, o pote ou un carro coma adorno. Son uns complementos de identidade instalados onda esas casas feitas con mal gusto. E continua denunciando os efectos deses problemas de identidade se xulgamos a Galicia hoxe polos gustos que ten, queda totalmente Tonechificada, é unha cultura que pasou de Xan das Bolas aos Tonechos, é un neoesperpento perigosísimo. Entón hai que rexenerar os gustos e a sensibilidade en base á tradición e á historia. Saber valorar os gustos dun viño, apreciar a música de gaita... Estamos nunha cultura desnortada, kitsch e cursi, de querer e non poder.