Chegan de fóra, apenas coñecen a ninguén e ademais de estudar teñen que procurar integrarse nunha sociedade con hábitos e tendencias culturais que en moitos casos se alonxan moito dos seus. Son ingleses, polacos, franceses, portugueses ou checos que a través do programa Erasmus estarán ao longo deste curso na Universidade de Santiago de Compostela.
Este primeiro cuadrimestre a Universidade de Santiago de Compostela acolle a 562 alumnos que chegan de 21 paÃses de toda a Europa comunitaria. Xente que decidiu completar a súa formación noutra universidade que non era a súa e de paso, ábrelle a posibilidade de coñecer outro paÃs, outra xente e outra cultura. Pero ser Erasmus supón vencer un papeleo burocrático, a barreira idiomática e integrarse nun ambiente cultural completamente distinto. Dependendo dos casos, un estudante do programa Erasmus ten de tres a nove meses para adaptarse á nova universidade, aos seus perÃodos, aos seus vezos e, por suposto, á súa normativa.
Antes
“Unha vez que son seleccionados pola súa universidade respectiva reciben un paquete con folletos promocionais e explicativos do que é Galicia” explica Enrique López Veloso, responsábel da Oficina de Relacións Exteriores do Alumnado da USC. Ese paquete que cada Erasmus recibe na súa boeta de correo inclúe información de dous tipos. Por unha banda sobre a propia universidade compostelá, mediante unha guÃa que elabora a institución académica e na que explica que é a universidade, cales son as súas caracterÃsticas, o seu plano docente e os prazos do curso académico. Ademais, a universidade remite unha guÃa elaborada por Turgalicia con folletos promocionais sobre a cultura galega, aspectos e lugares de interese da súa xeografÃa. Unhas pequenas pinceladas que cada estudante terá que ir que descubrindo “in situ”.
Por outra banda, a universidade de procedencia tamén lle remite ao seu alumno información sobre o paÃs e o centro ao que vai a estudar. É información de servizo que vai desde indicacións sobre o clima meteorolóxico até cuestións mais propiamente de intendencia, relacionados co aloxamento durante o tempo da estadÃa. Unha especie de guÃa para un estudante que se prepara para vivir unha experiencia irrepetÃbel.
Durante
Unha vez acomodado, coa roupa colocada en cada un dos andeis do armario da habitación en calquera dos colexios maiores que ten a USC, comeza a verdadeira proba do Erasmus. Enfrontarse ao dÃa a dÃa.
Para quen domine correctamente o idioma, non terá demasiados problemas, pero para quen as clases de español, ou galego, recibidas antes da viaxe non foron suficientes, a USC xa está preparada para axudalo. Segundo Enrique López Veloso “aÃnda que cada vez máis a xente chega aquà cun bo nivel de español, sempre hai quen precisa unha pequena axuda. Todos teñen un curso intensivo de español que se celebra en setembro para os que chegan no primeiro cuadrimestre, e en marzo para os que chegan para o segundo”. No caso do galego é o servizo de Normalización LingüÃstica o encargado de ofertar cursos de lingua e literatura galega nos que, segundo explica a convocatoria, pretenden “amosar as caracterÃsticas especÃficas do galego que as diferenza doutras linguas romances”.
Ademais, para calquera dúbida ou problema a universidade asÃgnalle a cada alumno un coordinador de Erasmus que ha de estar dispoñÃbel para calquera dúbida, problema ou circunstancia que teña o estudante. Para os 562 alumnos que chegan a Santiago hai 227 coordinadores preparados para titorizar a súa estadÃa.
Pero non só aprenden unha cultura nova os estudantes que chegan. Nos colexios maiores organÃzanse xornadas culturais para que os do paÃs, coñezan de primeira man a gastronomÃa, cinema ou calquera outra singularidade dos paÃses de procedencia.
Os programas Erasmus
Desde que en 1987 se botou a andar o programa Erasmus para facilitar a mobilidade dos estudantes e dos profesores, o número de participantes foi aumentando timidamente. O programa só ten por obxecto compensar os custes da mobilidade producido s polo desprazamento a outro paÃs comunitario, tales coma viaxes, diferenza do custe da vida e, no seu caso, preparación lingüÃstica. AÃnda asÃ, son unha fórmula exitosa posto que moitos dos estudantes que se acollen a esta modalidade consideran que é unha experiencia única.
Para os estudantes galegos que queiran sentir en carne propia esta experiencia han de saber que hoxe a Universidade de Santiago fai pública a oferta de prazas de Erasmus para o curso 2005-2006. En total haberá máis de 1.200 prazas que abranguen centros de toda Europa.