Hai viaxes que marcan épocas. Unhas pola tecnoloxÃa empregada no camiño, outras pola dificultade do trazado, outras polo exótico do destino, outras por quen o emprende, outros por como se emprende ese itinerario....pero se hai unha viaxe tan descoñecida como interesante para Galicia é a que fixo o nobre florentino dos Medici, Cosme III, até Santiago. Un periplo que xa viron 12.000 persoas nunha exposición no Museo Diocesano de Compostela.
Coma nos libros, a historia desta viaxe comezou no século XVII cando o nobre florentino da coñecida familia dos Medici, Cosme III, decidiu viaxar a Compostela movido polo seu carácter relixioso. O que en principio poderÃa ser unha máis das viaxes que un nobre realiza, acabou por ter unha importancia destacada para Compostela. A recreación das etapas da viaxe, o libro no que se plasmou a crónica, a música que escoitaron no percorrido e algunhas das acuarelas que retrataron durante o percorrido forman parte da mostra que se poderá ver até o vindeiro dÃa 17 de xaneiro.
A viaxe de Cosme
“Foi unha viaxe moi interesante para nós, desde un punto de vista xornalÃstico porque deu lugar a unha serie de crónicas vencelladas ao tempo, nas que se conta a situación artÃstica da penÃnsula, a situación das cidades polas que pasaron, a viaxe, e mesmo cuestións moi curiosas para coñecer o momento histórico (a cociña, a moda española....). E por outra parte, porque acompañaba o séquito do prÃncipe unha acuarelista, Pier MarÃa Baldi, que deu lugar ás primeiras imaxes sobre Galicia”. Quen fala é Xosé Antón Neira Cruz o comisario e “alma mater” da exposición na que leva traballando durante dous anos, xa que a mostra é un laborioso traballo de investigación que exhibe pezas que non se expuxeron nunca. “Hai, explica Neira Cruz, unha peza fundamental que é a crónica oficial da viaxe, que é unha peza depositada por Cosme de Medici que até hoxe nunca fóra exposta ao público. Este documento é un libro manuscrito de grandes dimensións que conta coas acuarelas orixinais”. Para esta mostra trouxéronse obras como “O prendemento de Cristo” de Caravaggio ademais de numerosas pezas procedentes de coleccións privadas e galerÃas públicas italianas que “eran moi reticentes a prestar obras polo que tiven que sortear trazados case laberÃnticos”
Como o que dá orixe á mostra é unha viaxe, esta é a forma na que se organiza a exposición. AsÃ, nada máis entrar aparece unha recreación da corte florentina, a historia da dinastÃa e a forma de viaxar dos Medici. É un preámbulo necesario para contextualizar a viaxe que constitúe o importante da mostra. A partir de aà vanse plasmando os tramos polos que transcorreu a viaxe: AndalucÃa, a corte madrileña Estremadura, Portugal.... cada unha destas etapas ten un tÃtulo alegórico porque pretende respostar ao tipo da crónica. Neste sentido o comisario da exposición recorda que non hai que esquecer a viaxe emocional que tivo para este nobre que era moi relixioso.
A viaxe de Neira Cruz
A exposición é a punta do iceberg dun proxecto moito máis amplo no que Xosé Antón Neira Cruz leva traballando preto de nove anos. Todo comezou cando obtivo unha bolsa para facer un curso de doutoramento na Facultade de Bolonia. Alà deulle clase o coñecido semiólogo Umberto Eco que, vendo a súa lugar de orixe direccionou o seu traballo de fin de curso poñéndolle tÃtulo “a viaxe a Compostela de Cosme de Médici”. “O tÃtulo non é casual, explica Neira Cruz, foi o primeiro momento no que eu escoitei falar de Cosme III de Médici. A partir de aà comecei a investigar e tiven a sorte de acceder a material que desde o primeiro momento me fascinou”.
Desde entón Neira Cruz non parou de documentarse sobre o tema, de buscar material, de estabelecer contactos, de procurar novos contidos sobre unha viaxe que lle entusiasma e sobre a que proxectou un estudo que, como el mesmo di, “é como unha especie de puzle, cada peza remite a outra”. AsÃ, a exposición que foi posÃbel grazas ao apoio e á mediación do Xacobeo, trae consigo outros proxectos: un curso universitario de carácter internacional (que tivo lugar en outubro), un catálogo da mostra, a recuperación das músicas da época e a edición dun conto para nenos que vehicula toda unha parte didáctica relacionada coa exposición.
Unha viaxe para nenos
De todos é ben coñecido, o interese de Neira Cruz polo mundo dos pÃcaros, e este proxecto non podÃa ser unha excepción. “A viaxe en si é un tema bastante duro e difÃcil para poder explicárllelo aos nenos, e entón o que fixemos foi crear unha personaxe nova, o rato Renato Ratoni que vai no baúl e que vai explicando o que vai vendo”. E esta personaxe ficticia enviou unha carta a todos os escolares de primaria e secundaria explicándolles que está na exposición, como un guÃa que fará con todos os que se acheguen até Compostela cada unha das partes da viaxe. Pero a parte didáctica non se completa coa visita guiada, editouse un conto coa historia en galego, castelán e italiano ademais dun catálogo para nenos. É que hai viaxes que dan para soñar e contar.