Art Futura é un festival que leva quince anos desafiando ás nosas retinas, enganándonos con imaxes recreadas a través de tecnoloxÃa dixital propoñendo mundos imposÃbeis, e ofrecendo un efectismo visual pouco rutinario. Art Futura sempre vai por diante das tendencias marcando vieiros polos que seguir e unhas propostas innovadores que se presentan en Vigo até o vindeiro 20 de novembro. Un evento dedicado ás implicación sociais, culturais e artÃsticas da realidade virtual, da vida artificial e das redes.
Desde que o MARCO abriu as suás portas no 2002, acolle ano tras ano as proxeccións do programa audiovisual de cada edición de Art Futura. A apertura do centro coincidiu coa intención do festival de descentralizar o programa para buscar unha maior expansión dos seus contidos en todo o Estado a través das videoconferencias. E o MARCO apuntouse desde o primeiro momento.
O eixe principal de todas as actividades desenvólvese en Barcelona onde, segundo figura na páxina web, “se desenvolven as actividades principais e inclúen conferencias, presentacións, seminarios e performances que terán lugar no "Mercat de Les Flors”. Pero grazas ás videoconferencias, trázase unha conexión entre Vigo, Granada (no "Parque das Ciencias"), Madrid (en "La Casa Encendida"), Pamplona (no "Civican"), San Sebastián (no "Edonostia.net"), Valladolid ("Museo Cristóbal Gabarrón") e Vitoria ("Artium", Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo) onde se ofrecerán as proxeccións audiovisuais.
Programa audiovisal
Quince edicións son suficientes para ter asumidos que as imaxes e os vÃdeos que se exhiben en Art Futura son unha escolma dos mellores traballos de animación, videocreación e 3D que se producen no mundo. De feito, os principais traballos dos gañadores e os creadores consagrados que participaron en festivais como o Siggraph (EEUU), Ars Electrónica (Austria) e Annency (Francia) conforman o cartel de proxeccións de cada edición. Este ano poderemos ver como Tim Miller levou ao 3D o cómic “Rock fish”, a obra de animación “Ruby” de Harry Dorringson, asà como traballos de Paúl Debevec, Dreamworks ou Sejong Park. Uns traballos que se presentan en tres bloques que a organización deu en chamar programas.
O programa A
O xoves 28 de outubro, o sábado 6, o venres 12 e o xoves 18 de novembro é o momento do “Art Futura Show”, ou o que é o mesmo, unha escolma das mellores pezas do 3D que se viron nos mercados e nos salóns internacionais. De todos os traballos que se verán nos 60 minutos que dura este programa destaca “Ryan” o traballo de Chris Landreth que nos oito minutos de duración ofrece un traballo entre ficción e documental. Se nesta primeira parte se recompilan os mellores traballos do mundo, en “3D infografÃa en España 2004” faise o mesmo pero cos traballos creados no estado. Son os traballos que se conciben na Universidade das Illas Baleares, na IDEP, ou no Instituto do Audivisual, por citar algúns exemplos.
O programa B
Aproveitando a linguaxe dos videoxogos e a súa innovación estética, o venres 29 de outubro, o xoves 4, o sábado 13 e o venres 19 de novembro, é o momento de “Full motion theater 2004”. É unha das últimas incorporacións ao cartel de Art Futura e amosa as mellores “intros” de videoxogos, esas presentacións onde a narrativa cinematográfica serve para explicar o regulamento e amosar o escenario no que se desenvolve o xogo. E dentro deste marco Richard Marks aproveitará para presentar o seu último videoxogo Eyetoy.
Nesta sección tamén hai un espazo para a análise social, é dicir, para recuperar as conferencias que durante quince anos especularon sobre o papel da tecnoloxÃa na sociedade, na cultura e na arte. Un traballo de 55 minutos que pretenden xirar arredor do concepto de “realidade aumentada”, a implicación social da tecnoloxÃa dixital. Será Howard Rheingold o principal relator que falará do seu último traballo “Smart Mobs” (Multitudes intelixentes) onde analiza como as tecnoloxÃas da comunicación permiten aos habitantes das grandes cidades coordinarse espontaneamente e realizar grandes accións multitudinarias de efectos imprevisÃbeis.
Para rematar esta sección, desde a dirección deseñouse unha retrospectiva dedicada este ano a analizar a figura e o traballo de Richard Fenwick, quen é o director de videoclips e “motion graphics”. Para esta sección escolleuse a serie RND#, un proxecto no que o artista combinou imaxe real, gráficos e animación para plasmar o xeito no que as tecnoloxÃas da información se veñen introducindo en cada aspecto da vida cotiá.
O programa C
Por último o programa que se exhibirá no MARCO o sábado 30, venres 5, xoves 11 e sábado 20 de novembro presenta as curtametraxes animadas de corte humorÃstico de “Funnies futura”. Nesta sección haberá un repaso polos grandes clásicos creados a partir dos anos 90 como “Carr hot” de Behaviour Production ou “Big Can Can” de Steve Agland.
Dentro desta serie incorpóranse as dúas partes de “imaxe futura”, que son unha escolma dos traballos de animación dixital e das curtametraxes animadas presentadas durante os 14 anos do festival. Un repaso polo mellor da traxectoria dun evento futurista.