Ao lado dos deseñadores consagrados hai todo un bastión de pequenas figuras que pensan, cortan e cosen baixo a etiqueta de alternativas. Iniciativas máis atrevidas, imaxinativas pero sobre todo diferentes que acaban de agruparse nunha asociación para darse a coñecer. "La Canalla", "Vichita", Cristóbal Vidal e Gloria Figueroa son algunhas das marcas baixo as que se presenta unha roupa exclusiva para un exército de persoas famentas de ir diferentes.
O soño de todo deseñador alternativo é ter tenda propia na que poida vender as súas propias creacións. Pero iso é un camiño lento e paseniño cheo de atrancos no que moitos quedan no camiño. Por iso, os modistos decidiron unirse para compartir sinerxÃas que lles permitan coñecer o bo facer dos seus traballos antes de decidirse a abrir unha tenda propia.
"La canalla"
Os irmáns Francisco e Patricia Soto seguÃan camiños diferentes no mundo da moda até hai cinco anos, que foi cando decidiron aunar esforzos en "La Canalla", marca comercial das súas creacións. Este tándem abriu unha tenda en Vigo e popularizouse para o gran público despois de que tiveran a sorte de estar presentes na edición de ARCO do 2002.
A súa roupa ten unha filosofÃa contundente: o proceso creativo está por riba do proceso industrial. E asÃ, na súa tenda pódense atopar pezas únicas que empregan técnicas como o bordado e o estampado a man.
Vichita
Ao igual que os irmáns Soto, a deseñadora Tránsito Iglesias tivo a posibilidade de poder abrir unha tenda propia que se chamaba igual que a súa marca: Vichita. E dicimos chamaba porque como a propia Tránsito afirma, "houbo un momento no que quixen ampliar o negocio e tiven que buscar unha socia e Vichita pasou a chamarse Traffico no que temos roupa para home e para muller de deseñadores galegos e non galegos que estudan fóra, ademais dun apartado de marca". Pero o que comezou sendo unha tenda de roupa acabou por ser unha porta de entrada a todo un mundo de deseño alternativo. Traffico non é soamente unha tenda, é un centro de confección de ideas no que se confecciona un proxecto moi ambicioso que vai desde a organización de showrooms con música alternativa en vivo até a creación dunha asociación.
A unión fai a forza: a asociación
No seu traballo diario Tránsito Iglesias ("Vichita") detectou numerosos problemas que compartÃan todos aqueles que deseñaban baixo a etiqueta de alternativa. "En primeiro lugar, explica a deseñadora, a confección é un atranco para todos os creadores noveles, porque ao non producir en serie o prezo se encarece e a roupa non pode competir no mercado. Por outro lado, todo isto está moi parado e nós querÃamos darlle un pouco de vida, pór en contacto a xente nova que está comezando e darlle asà a oportunidade de poder materializar os seus proxectos para logo vendelos".
Con esta filosofÃa montouse a "Asociación de deseñadores e comerciantes de moda alternativa", unha agrupación que pretende concentrar todos os problemas que teñen estes deseñadores novos para convertelos en puntos fortes. Isto serÃa posÃbel, tal e como explica Tránsito porque "deste xeito, mais co apoio da Xunta de Galicia, pretendemos crear talleres propios de confección nos que, alén de crear postos de traballo, todos os deseñadores alternativos poidan concentrar a súa produción e se abaraten os custes". Pero non só se trata dunha agrupación de moda alternativa dedicado á confección, senón que o proxecto é moito máis amplo, "non só abrangue a deseño de roupa, senón tamén ao de mobiliario, de carteis... a calquera forma de deseño, que pode ser tamén gastronómico ou musical". Por iso, Traffico ten un espazo destinado a showroom, no que os deseñadores poderán exhibir a súa roupa ao mesmo tempo que algún músico poida dar a coñecer en vivo a súa música.
O proxecto non pode estar alleo ás novas tecnoloxÃas, e por iso están pensando en crear un portal para a asociación. "SerÃa, explica Tránsito, un portal de internet que terÃa unha tenda virtual, cun dependente virtual no que pretendemos ter todas as coleccións dos deseñadores que forman parte do proxecto". Coa entrada en internet, as asociacións poderÃan darse a coñecer en Madrid e Barcelona e mesmo en calquera parte do mundo, co que se lle darÃa visibilidade a un traballo que, de momento, está agochado. "Ademais diso, puntualiza a deseñadora, o portal servirÃa de plataforma para o deseñador que, si ve que a súa roupa ten éxito, pode lanzarse a abrir a súa propia tenda".
Un prezo tamén alternativo
Pero vestir das marcas alternativas máis coñecidas non é precisamente económico. Unha saia dun deseñador alternativo pode custar o mesmo que unha saia de calquera deseñador consagrado que oscila duns 100 a 300 euros. Os deseñadores xustifÃcanse no cara que resulta a confección de prendas exclusivas, feitas a medida que ten un número de horas traballadas e un proceso manual que encarece moito os prezos. No entanto, Tránsito asegura que alén da roupa de marca dos deseñadores máis coñecidos, hai roupa alternativa para todos os petos. "Hai roupa barata que pode chegar a ser máis económica que a roupa que podes encontrar en Zara, e hai a sección de marca que é cara porque é roupa a medida pero tamén temos unha sección a prezo medio onde unha saia pode custar uns 60 ou 70 euros, co que o prezo non debe ser un pretexto para non mercar roupa alternativa".