Hai quen pensa que as vacacións non son só para descansar. Por iso, cada vez máis xente aproveita o seu tempo de lecer para buscar aventuras. Pero desa clase de aventuras programadas e organizadas que combinan deporte con medio ambiente. Rafting, parapente, canoas, hidrospeed... son algunhas das actividades que cada vez atraen a máis persoas.
As ondas para facer surf, os rÃos para facer rafting e as ladeiras para parapente. Estas son algunhas das ofertas turÃsticas "de aventura" que varias empresas ofrecen por toda Galicia. Unha forma a medio camiño entre deportiva e turÃstica que cada vez consegue máis adeptos e gaña en fidelización. "AÃnda que este ano o Xacobeo resta practicantes destas modalidades porque o perfil do que fai o camiño é o mesmo que acostuma a facer este tipo de prácticas" asegura Cheche Cormojo responsábel de Turnauga, unha empresa que se encarga da organización de actividades de turismo activo.
A marca feita deporte
"Raz" comezou sendo unha empresa que se dedicaba a comercializar roupa deportiva para facer surf. Alejandro Vázquez, de Raz Surfcamp recorda que "no seu momento eramos unha marca de roupa que querÃa aumentar a distribución e pénsamos que era unha boa idea de facer un camp (campamento) de surf". Pero a idea resultou tan frutÃfera que foi absorbendo a marca até tal punto que a roupa acabou sendo como un complemento máis dunha escola de náutica.
Trece anos despois Raz Surfcamp é, en palabras do socio fundador, "a primeira escola a nivel nacional en canto que facemos cursos completos de dez dÃas con actividades paralelas que van desde a metereoloxÃa até as clases de capoeira". A iniciativa concentra cada temporada (que vai de xuño á primeira quincena de setembro) a unhas 100-150 persoas que se achegan até as instalacións que a empresa ten en Razo (Arbo, A Coruña). De mozos a non tan mozos chegados desde Sudáfrica ou Polonia, aÃnda que Cataluña segue a ser a orixe estrela, veñen cada verán a pasar estadÃas de dez dÃas para aprender a practicar surf, un feito no que se están convertendo todos uns especialistas, porque algúns dos alumnos de Raz Surfcamp son hoxe, segundo nos comenta Alexandre, campións mundial xúnior e campións estatais.
O rafting práctica estrela
Trece anos tamén levan traballando Arrepións e Turnauga, as dúas empresas máis veteranas que organizan prácticas de deportes de aventura e que teñen no rafting a súa práctica estrela. O ano pasado fixeron rafting con Arrepións unhas 4.000 persoas, mentres que con Turnauga unhas 8.000. Pero non é a única actividade que organizan: hidrospeed, canoa, kaiak, buceo... asà até unha vintena de prácticas, completan a súa oferta.
Segundo explica Sandra Santos, Arrepións ten dous tipos de visitantes; "Por unha banda temos un grupo de colexios de 12 a 17 anos que veñen desde novembro até xuño, data a partir da que acostuman a vir persoas individuais, familias que chegan de todos os lados, aÃnda que maioritariamente de Madrid e de Barcelona". É xente chega mediante axencias de viaxe que ofrecen a práctica de aventuras dentro dun paquete vacacional pechado.
Pero a experiencia propia e o "boca a boca" tamén serven para atraer clientela a este tipo de prácticas. É o caso de Turnauga onde Cheche Comojo explica que "a clientela polo xeral acostuma a ser fixa. Comezou de novo con nós e, co paso dos anos, foi medrando con nós. É xente que fai os rÃos por niveles de dificultade e mesmo lle temos organizado algún percorrido fóra do Estado". En todo caso, Cheche deixa ben claro que "a nós nos da de comer o cliente galego".
Non todo o monte é ourego
AÃnda que os números de visitantes sexan abondosos e malia que os trece anos de traxectoria destas empresas parezan apuntar unha certa estabilidade hai unha caracterÃstica común a todas estas empresas. "Movémonos nun medio moi oscilante" explica Cheche; "dependemos do caudal do rÃo e da climatoloxÃa" apunta Sandra e tamén "das ondas e do vento" reforza Alexandre. Son moitas as variábeis que hai que ter en conta neste tipo de empresas: os seguros de responsabilidade civil, o tempo atmosférico e as caracterÃsticas tÃpicas a calquera forma de turismo, que é a súa situación de inestabilidade.
Cheche comenta que "hai que estar en varios frontes ao mesmo tempo se se quere vivir disto porque por unha banda os seguros son moi caros, por outra que o profesional non vén formado por ningunha escola ou por un centro, senón que é a formación que a práctica activa, e por outra banda porque se trata dun servizo e non dun ben de consumo e por tanto é máis sensÃbel ás flutuancias do mercado". Son, por moitos motivos, prácticas deportivas de aventura.