"Non penso responder á túa carta" unha historia de doce páxinas a branco e negro valeulle a Cosme Fernández o primeiro premio do certame de banda deseñada que convocou este ano a ConsellarÃa de Xuventude dentro do programa "Na Vangarda". González, ilustrador formado na Escola de Artes de Ourense, faise deste xeito cos seis mil euros do premio. Canda el, resultou premiado Alberto Vázquez co segundo premio, dotado con tres mil euros, e o tándem formado por Emma RÃos e David RubÃn que levou os mil quiñentos euros do terceiro posto. Esta tarde inaugurase no marco das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense a exposición na que se poderán ver os traballos galardoado. Tamén hoxe chega aos quioscos de todo o paÃs a revista "MÃster K", publicada desde Cataluña por Ediciones El Jueves e que conta entre os seus autores cos galegos Alberto Guitián, Santi Gutiérrez, Javi Montes, Miguel Robledo e Kiko da Silva. A tiraxe deste primeiro número será dun millón de exemplares.
Máis información sobre o premio no web da consellerÃa; sobre as xornadas nesta noticia; máis sobre a revista no web de MÃster K