O debuxante pontevedrés Tirso Cons, actualmente residente en Madrid, coa colaboración do coruñés Javi Montes coma colorista e guións do brasileiro Wander Antunes comezará a publicar o vindeiro mes de abril a serie “O ollo do diabo”. A historia, do xénero de piratas, verá a luz en formato álbum na editorial francesa Paquet, despois de que Cons iniciase negociacións co director da firma francesa no pasado Saló do Cómic de Barcelona.
Máis información sobre Tirso Cons no seu web; a nosa ficha de Javi Montes; web de Paquet