Despois de superar as duras oposicións que se desenvolveron este verán, case oitocentos afortunados novos profesores incorpóranse este ano aos seus postos, en moitos casos sen unha experiencia docente previa. A necesidade dunha rápida adaptación ao novo posto e a necesidade de contar coa colaboración dos novos compañeiros parecen ser a tónica dos docentes que se enfrontan por primeira vez a estoutro comezo do curso.
As oposicións de 2004 supuxeron a maior oferta pública de emprego para docentes dos últimos anos. Case oitocentos docentes de todo tipo de niveis e especialidades incorpóranse este curso a un posto permanente. AÃnda que moitos deles xa posúen unha ampla experiencia no mundo do ensino logo de teren pasado anos a facer substitucións, para moitos outros estas oposicións supoñen o seu primeiro contacto real con esta tarefa, logo de acabar hai pouco tempo os seus estudos na Universidade. Incorporarse ás dinámicas propias de cada centro, lidar con alumnos a miúdo difÃciles e facer todo isto por primeira vez é unha situación complexa, para a que non é estraño que os novos profesores estrañen unha formación práctica máis completa e un maior apoio.
Incorporándose ao posto
Unha vez acabado o duro proceso de selección e conseguida a praza, houbo que ir seleccionar, a mediados de agosto, o destino de traballo. Despois diso, unha vez confirmado o destino, vén unha certa agarda até que se publican as listas provisorias de destinos e, aÃnda despois, a definitiva. O proceso acelérase entón, segundo explica Fernando Pazos, un dos profesores que comezan o seu primeiro curso este ano, no seu caso para impartir galego: "O trece ou o catorce saberemos xa o destino definitivo, o dezasete temos que ir á delegación do goberno e despois ao centro a tomar posesión, e ese dÃa xa comeza o curso". A precipitación parécelle, no entanto, algo excesiva ao novo profesor, "non sabemos nin a que cursos lle imos dar, se primeiro de ESO, de bacharelato... estamos un pouco en cueiros".
Comezar como directora
Con algo máis de práctica, algúns dos profesores que se enfrontaron a esta mesma situación o ano pasado en xeral estrañan un maior apoio da Administración Pública á hora de se achegar aos seus postos. Desde xeito, MarÃa Xosé Suárez, mestra de Educación Infantil que comeza agora o seu segundo curso, recoñece que "Estaba nun colexio que son só tres unidades, entón tampouco habÃa moita xente á que recorrer. Para máis, a directora estivo todo o ano de baixa, e como e como era eu a única que tiña praza no colexio tiven que levar eu a dirección e aà si necesitei bastante axuda, falei cos directores doutros colexios e mesmo falei con inspector de Educación para que me orientase."
Novos comezos
Nunha situación intermedia está MarÃa Areán, que se iniciaba como profesora de Educación FÃsica o pasado curso e este arrinca na súa especialidade de Educación Especial. "Non sabÃa nada. Grazas a que os compañeiros me pasaron material e fun mirando libros, eu non tiña nin idea, na oposición chapas e chapas pero non sabes nada", explica. Neste sentido apunta que "para a xente que comeza deberÃa haber algunha axuda, nós o único que podemos facer é recorrer aos compañeiros e á súa vontade, e eu tiven sorte cos compañeiros que sei de casos que non foi asÃ". Pola súa banda, Pazos recoñece a escasa experiencia de moitos profesores que agora comezan. "Temos o Curso de Aptitude Pedagóxica e iso ten que ir valendo, logo a práctica será a máis importante".
Prácticas
Como toda axuda de formación neste primeiro ano de clases, a convocatoria das oposicións sinala que os profesores que se incorporan agora fano na condición de funcionarios en prácticas e estabelece a figura de profesor titor. Este docente ten como funcións "asesorar, informar e avaliar" os novos profesores, segundo explica o texto. "Teremos un profesor que controlará un pouquiño o noso traballo, e temos tamén que presentar unha memoria ao final do ano explicando a metodoloxÃa, a actividade...", explica Pazos.
Experiencia
En xeral , MarÃa Xosé Suárez valora positivamente a súa experiencia, A pesar das dificultades de ter que exercer a dirección do centro alén de impartir clases sen experiencia previa docente, sinala que "O primeiro ano foi moi bo". Con ela concorda a súa compañeira Areán apunta que sae do seu primeiro ano como "moi contenta, non era a miña materia, mais moi ben". En xeral os enquisados sinalan que os ánimos no comezo de curso están moi altos. Pazos recoñece que "empezo con ilusión e penso que o podo facer ben, logo aos poucos irei aprendendo. Despois a nivel de compañeiros tamén é unha incógnita, pero eu vou coas mellores expectativas". Pola súa banda, tamén Areán sinala que "me vou adaptando bastante ben, mais só levo unha semana". Os nervios sen embargo están aÃ, como cada volta ás aulas.