Mentres en A Coruña se celebra unha nova sesión das Viñetas no Atlántico, Ourense ultima os detalles das XVI Xornadas de Banda Deseñada, que terán lugar na primeira semana de outubro. O evento servirá de reflexo do panorama da banda deseñada, con especial interese no que sucede en Europa do leste, que se recollerá na mostra "Wartime, o cómic que veu do leste" e que está organizada pola revista eslovena "Stripburger". Polo de agora teñen confirmada a súa presenza en Ourense, entre outros, o portugués Miguel Rocha, Miguelanxo Prado (que presentará o seu novo álbum enmarcado no proxecto Terra) e Fran Jaraba (que levará "Campos de Cuba", o segundo episodio das historias iniciadas con "Cita en la Habana").
Máis información en La Región