Se vostede pensa en montar unha empresa deberÃa ter en conta que máis do 50 por cento das micro e pequenas empresas de Galicia e do Norte de Portugal pechan antes de cumprir os tres primeiros anos de vida. O tecido empresarial galego, a pesar der ter cada vez máis iniciativa empresarial, sofre graves atrancos estruturais que fan que as factorÃas acaben pechando. Desde hai dez anos, un centro situado en Santiago traballa na mellora competitiva das empresas. É o Bic Galicia.
Unha visión localista dos mercados, descoñecemento das oportunidades existentes do outro lado da fronteira, a baixa cualificación empresarial dos promotores, a ausenza dunha estrutura de servizos de apoio ás micro e ás pequenas empresas, escaso contido ou carga tecnolóxica das novas empresas, baixos niveles de cooperación entre as empresas da zona...estes son algúns dos múltiples defectos dos que adoecen as pequenas e microempresas de Galicia. Males que teñen solución como? Pois acudindo ao Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, máis coñecido como BIC Galicia que se constituÃu co obxectivo de promover a creación, promoción, preparación e desenvolvemento de empresas independentes e innovadoras.
Un BIC de dúas tintas
Desde que en 1991 se fraguara o BIC Galicia, ao amparo dos modelos e directrices da Comisión das Comunidades Europeas, para os Centros Europeos de Empresas e Innovación (CEEI), desenvolveuse un traballo en dúas direccións: unha relativa aos emprendedores e outra procurando unha mellora competitiva das empresas.
Para a primeira liña, BIC Galicia facilita aos emprendedores servizos gratuÃtos de asesoramento, consultorÃa, planificación, xestión, búsqueda de financiamento, formación, localización, seguimento e, en xeral, calquera outro que poida contribuir para a creación e desenvolvemento das empresas.
E para a segunda, para mellorar a competitividade das empresas desenvolve unha actividade xeral de promoción dos valores empresariais no seu contorno, encamiñada a incentivar o nacemento de novos proxectos.
Como facelo?
O BIC Galicia non traballa en solitario, senón que as súas axudas e as súas ferramentas de investigación fainas en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). AsÃ, se o Igape concece microcréditos, desde BIC Galicia asesoran ao empresario como xestionalo, e alén diso a vencer o medo a expansionarse cara novos mercados e a que manexen a información como un elemento clave no funcionamento da empresa, co que poidan ter controlado o que acontece noutros lugares. En resumidas contas, a ser competitivo.
Ese espÃrito é o que se consigue mediante actividades de formación e diferentes ferramentas. As primeiras son os seminarios nos que se explica a partir de proxectos empresariais de éxito, expostos en primeira persoa polos propios emprendedores que comentarán as súas experiencias na posta en marcha da súa empresa. E ademais dos seminarios, hai guÃas, cds, fichas de actividade e un campus virtual no que os emprendedores terán todo o material preciso para poder conseguir que a súa empresa non só sexa estábel, senón que se manteña no panorama competitivo. E para avaliarse ao final do curso... "o manual de autoavaliación de innovación", unha ferramenta informática que consegue axudar ás empresas na correcta implantación e desenvolvemento dun sistema de xestión da innovación, dándolle a coñecer o grado de innovación existente na súa empresa.
Os proxectos
Concretando a axuda, BIC Galicia conta con dous proxectos. Por un lado Consolida, que pretende dar apoio á empresa nos seus primeiros anos de vida para impulsar a súa consolidación e crecemento; e o proxecto Intraemprender, que é xa para un segundo estadio no proceso da empresa, onde unha vez otpimizados os custes, o que se pretende é determinar como actuar nas mellores condicións.
E o asesoramento de BIC Galicia cumpre os seus obxectivos. Logo de que un empresario é asesorado a porcentaxe de éxito do seu negocio, ou polo menos que non desapareza neses tres anos que precisa para asentarse é do 86%. Por iso, se tes unha pequena empresa ou pensas creala en breve, BIC Galicia é un sitio que non debes deixar de visitar.