Case coincidindo co comezo de Viñetas desde o Atlántico preséntanse en sociedade unha manchea de novidades editoriais de autores galegos. Á recente publicación en castelán de Jaime Asensi, Ubu Rey (Edicións de Ponent), súmanse a volta de Fran Jaraba que despois de Cita na Habana (Xerais, 2000) volve poñer aos seus personaxes na illa caribeña con Campos de Cuba que edita Xerais; tamén preséntase co título No solpor da prehistoria a segunda entrega da serie Os Barbanzóns, de Pepe Carreiro que está editar Toxosoutos. O colectivo Barsowia presenta nestes días o terceiro número da revista Polaquia, a segunda entrega de A prueba de balas, de Emma Ríos, e a historia Feliz cumpleaños, May, de Álvaro López. A estas novidades hai que engadir a publicación dun número monográfico dedicado a autores galegos da revista cordobesa Dos veces breve, que presenta o traballo de quince creadores galegos no campo da banda deseñada.
Máis información en La Voz de Galicia