Os galegos Nancho Novo, Chete Lera, Uxía Blanco xunto con Goya Toledo e Óscar Jaenada están estes días en Santiago rodando "Somne, o que soña". Unha película do director Isidro Ortiz que narra o desenvolvemento dun proxecto que busca transmitir información entre ordenadores e seres vivos durante as horas do soño. Mais non é a única produción prevista para rodar en Galicia, xa que Pontevedra acollerá a gravación de "Residencial Caribe", a primeira longametraxe do director Ángel Peláez que pretende analizar as diferenzas e similitudes da irmandade cultural entre Cuba e Galicia.
Máis información sobre Somne en La Voz de Galicia e sobre Residencial Caribe na edición de hoxe de Diario de Pontevedra