De non cambiar as cousas, o humilde can de palleiro ten os dÃas contados. A Xunta advertiu do perigo de extinción desta e outras razas autóctonas a medio prazo se non recupera o interese polo afeccionados. Agora, para comezar, xa ten pedigrÃ, un Real Decreto e un club exclusivo. E os ilustradores galegos xa lle amosan o seu respecto humorÃstico preparando unha exposición adicada ao can máis caseiro de Galicia. Longa vida ao can de palleiro.
Dous labregos miran a un can de palleiro esfameado. “¿Por que non lle das de comer ao can”, pregunta un. “Para o que traballa...”, contesta o outro. “Pois entón, ¿por que non o matas?”, replÃcalle o primeiro. O outro responde: “Para o que come...”. O chiste pertence ás históricas Cousas de Castelao. É o can de palleiro, o máis humilde, ácrata, vello e querido dos animais do rural galego. Del falaron os escritores, os polÃticos e os poetas, que o identifican pegadiño ás persoas coma o máis fiel dos cans familiares, con trazos tan humanos coma os seus donos.
O agarimo e o sorriso que esperta ten aÃnda fieis seguidores: a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) presentará a finais de ano unha exposición con 35 ilustracións sobre esta raza que percorrerá varias poboacións galegas. Segundo Kiko da Silva, membro da Asociación, decidiron abordar este proxecto porque “nunca se lle fixera unha homenaxe a este can en Galicia, a pesar de ser un dos grandes tópicos do paÃs, como as meigas e os castros”. Case todos os ilustradores membros da entidade participan no proxecto do que aquà podes ver unha primeira mostra.
Unha definición
Pero vexamos que é exactamente un palleiro: dise do can de tronco indoeuropeo, rústico e fornido, de tipo lupoide, de perfil recto, eumétrico, de tamaño medio, duns 60-62 cm. á cruz; mesodolicomorfo, de proporcións harmónicas e de constitución forte... Se un consulta a orde do 26 de abril do 2001 da Xunta ou o Real Decreto 558/2001do Goberno central todas as súas caracterÃsticas morfolóxicas figuran especificadas para o recoñecemento legal. Porque na actualidade, o palleiro é unha raza canina de seu, ten un Libro xenealóxico que lle achega pedigrà e un club de crÃa, promoción e difusión. E, contra o que moita xente pensa, atópase en perigo de extinción.
Un can multifuncional
Asà o anunciaba a Dirección Xeral de PolÃtica Agroalimentaria da Xunta o venres pasado en Ourense no seu libro “Razas Autóctonas de Galicia en perigo de extinción”. O volume recolle varias razas de cabalos, ovellas, galiñas, porcos e cans aos que a chegada da modernidade non lles sentou nada ben. Como á sociedade agraria tradicional, da que camiña collido da man. Segundo Natalia Botana, secretaria do Club de Raza Can de Palleiro: “todas as razas caninas autóctonas están en perigo de extinción. Na sociedade tradicional, todos os animais tiñan unha función moi determinada, e o que non valÃa era rexeitado”. O can de palleiro obtén o seu nome de durmir no devandito, pero tiña funcións especÃficas dentro dunha casa de labranza. Era un can pastor, que acompañaba ás vacas aos prados, gardaba á casa, avisaba da chegada de estraños, etc. ValÃa para todo, pero na sociedade tradicional outras razas caninas tiñan funcións máis especÃficas. Deste xeito, o can guicho ou quisquelo, o podengo galego ou o perdigueiro son outras razas adaptadas especialmente para a caza.
Xunto co palleiro, foron declaradas como razas autóctonas de Galicia no ano 2001 pola Xunta. O proceso tivera pasos de investigación previos. Deste xeito, no ano 1999 a Dirección Xeral de Produción Agropecuaria iniciou o “Plan de recuperación das razas autóctonas de Galicia”, destinado á recuperación das razas propias. O Plan sucedeuse en tres fases: identificar cans posÃbeis de pertencer ás razas (por exemplo, atopáronse 153 candidatos a palleiro), medilos e identificar as súas caracterÃsticas comúns e, posteriormente, redactar os obxectivos especÃficos do plan, que eran definir un estándar racial de can de palleiro –é dicir, saber como distinguir a un palleiro doutro tipo de can-, darlle recoñecemento oficial á raza, fomentar a creación dos clubs de raza e definir como serán os programas de crÃa do futuro.
Club de raza
Deste xeito, creouse o club de raza Can de Palleiro no 2002, formada por uns 30 socios de todo o paÃs e promovida pola Administración autonómica. O obxectivo do Clube do Can de Palleiro é a conservación, recuperación e difusión desta raza entre os propietarios actuais e os seus posÃbeis propietarios futuros, ademais de facilitar todo o traballo para conseguir exemplares para as montas, reproducións, etc. O club traballa como intermediario para a inclusión de novos animais no Rexistro Xenealóxico. Os cans candidatos mÃdense, pésanse, examÃnanse para entraren dentro do Libro da raza. Segundo Natalia Botana, “para ser recoñecido polo club, o can ten que pasar por unha comisión para saber se o can entra no estándar racial. Se é asÃ, ao animal implántaselle un microchip e pasa ao rexistro oficial”.
A reprodución do can é, dende ese momento, totalmente controlada. O Libro Xenealóxico documenta tódolos membros da raza certificados e estrutura a reprodución e os cruces entre animais para que a raza manteña un certo número de exemplares perfectamente identificábeis como tales. É a clave para a supervivencia no futuro do can de palleiro. “Os primeiros exemplares identificados inscribÃronse no rexistro fundacional do Libro Xenealóxico”, afirma Botana, “e a partir deles, organÃzanse novas camadas de cachorros, que se reparten entre a xente interesada dentro do club, ou entre aqueles que queren ter un can de palleiro e o solicitan dirixÃndose a nós”.
Volvemos ás Cousas de Castelao. Unha cadeliña de perruquerÃa mira a un palleiro e dille: “A mà me gustas una barbaridá, pero como eres can de palleiro...”. O outro responde resignado: “vaites, vaites...”. A principal ameaza ao futuro da raza está nas preferencias de elección dos afeccionados por cans vistosos, diferentes e caros. ¿Hai moita demanda do can de palleiro entre usuarios? “A xente prefire outras razas máis exóticas e vistosas”, afirma Natalia Botana, “pero eu teño moitas expectativas no can de palleiro. Polas súas actitudes, pódese encadrar en moitos sitios, é un can de bo carácter e non ten un trato perigoso”. Seica os que o teñen máis difÃcil son os cans especializados en caza, coma o podengo, o guicho ou o perdigueiro. Razas coma o labrador, o golden ou o cocker spaniel son as preferidas polos afeccionados.
¿Cal será o futuro do can de palleiro? Rematados os prados, cunha gandeirÃa en retroceso, todo dependerá de que os afeccionados volvan ver nel a un can atractivo para as súas casas. Longa, longa vida ao palleiro de toda a vida.
* A ilustración do tema do dÃa foi realizada por Miguel Porto para a exposición da AGPI. Pódese ver completa na fotogalerÃa.

GalerÃa: O palleiro visto polos ilustradores
Por Guitián.
GalerÃa: O palleiro visto polos ilustradores
Por Manel Cráneo.
GalerÃa: O palleiro visto polos ilustradores
Por Robledo.
GalerÃa: O palleiro visto polos ilustradores
Por Oscar Villán.
GalerÃa: O palleiro visto polos ilustradores
Por Miguel Porto.
GalerÃa: O palleiro visto polos ilustradores
Por Kiko da Silva.