Recuperar a memoria histórica non é unha actividade que estea restrinxida a despachos e libros. Como mostra disto, desde hai xa seis anos, varios colectivos de todo o paÃs, organizados na Coordinadora Galega de Roteiros, artellan rutas coas que dar a coñecer, ao tempo que se camiña, o noso pasado máis recente e as peculiaridade do paÃs.
"Todo comezou con contactos entre as asociación A Gente da Barreira, de Ourense, o colectivo Os Lemavos, de Monforte e Os Chougaceiros de Xunqueira de AmbÃa, que comezaron facendo rutas locais", explica Francisco Paradelo, un dos promotores do proxecto. En abril de 1998 organizábase o primeiro camiño por terras de AmbÃa, de dous dÃas de duración e un grande éxito de asistencia. Desde entón, ano a ano, a proposta foise ampliando, primeiro a dúas saÃdas, logo a catro... até alcanzar oito rutas que se realizan a pé en diferentes fins de semana ao longo de dez meses durante este ano 2004. Segundo explican os organizadores da proposta, con estas viaxes queren recuperar "a outra memoria, a silenciada, a oculta, nomeadamente a máis recente".
Os lugares da outra historia
Deste xeito os escenarios da represión franquista, as áreas de acción da guerrilla, a vida no Couto Mixto e nos pobos promiscuos (aqueles que están divididos pola fronteira con Portugal), as minas de wolframio que se explotaban durante a II Guerra Mundial ou a vida tradicional dos mariñeiros na Costa da Morte son coñecidos en longos paseos, que habitualmente teñen escasa dificultade aÃnda que en ocasións (coma no caso do que se realiza polos canóns do Sil) presentan algunha complicación maior e mesmo tramos que hai que realizar en barca. A miúdo as viaxes compleméntanse co emprego de material audiovisual ou de arquivo para coñecer máis polo miúdo a historia de cada zona. Sen embargo, as fontes que máis valora a organización son as que proporciona o contacto directo coa poboación de cada lugar, testemuñas ou protagonistas de moitos destes feitos históricos que achegan a miúdo datos de primeira man. Nestes anos fóronse constituÃndo rutas que son xa clásicas entre os participantes. "As que teñen máis anos son as relacionadas cos grupos que levan máis na organización, coma a dos Canóns do Sil ou a ruta pola Raia Seca", explica Paradelo. "Na ruta da Raia primamos os factores étnicos e culturais ante os históricos, queremos amosar que dunha beira de doutra da raia fálase e vÃvese igual".
A importancia social da Historia
Alén do interese pola memoria histórica, desde a COGARRO queren potenciar a vertente social destas saÃdas. Deste xeito, as rutas inclúen momentos de convivencia, comidas colectivas e a miúdo anÃmase aos participantes a levar instrumentos de música. "Neste proxecto coñecémonos xente de todo o paÃs e aprendemos moito", recoñece Paradelo. "Unha das nosas preocupacións fundamentais son os nenos. Moitos participan, coñécense, visitan outras zonas do paÃs e están inmersos nun contorno galegofalante durante todo o tempo que duran as actividades. Ademais entran en contacto coa historia e falan con xente maior." En visitas coma a que se fai a Tui no verán, hai mesmo actividades especÃficas programadas para os máis pequenos. Apunta Paradelo que "en lugares coma Euskadi ou Cataluña búscanse actividades con contacto interxeneracional, procúrase unha experiencia colectiva. Iso é algo que falta en Galicia".
Como se fai
O éxito da iniciativa e o interese por continuar expandÃndoa fixo que en xaneiro de 2002 nacese a Coordenadora Galega de Roteiros (COGARRO), na que se integran diferentes colectivos culturais e lingüÃsticos de todo o paÃs. Con este selo e a maior cantidade de xente implicada as actividades continúan multiplicándose. En 2004 unha nova xuntanza para planificar as rutas para o ano convoca aÃnda a novas organizacións até completar dez grupos de alcance local e galego que colaboran coa iniciativa. "Nas rutas da COGARRO hai unha máxima que é non burocratizar. Agora mesmo cada organización encárgase con total liberdade de organizar unha camiñada pola súa zona de acción, e cada saÃda é autoxestionada, calcúlanse os gastos que pode supor a iniciativa e divÃdese entre a xente que participa", explica Paradelo. "Hai unha xuntanza a comezos de ano para planificar as rutas e despois funciona todo de xeito descentralizado. Como todas as zonas do paÃs teñen lembranzas e historia a rescatar adaptamos os programas ao que cada grupo pode facer." Arredor de trinta persoas desprázanse en cada unha saÃdas que promove este colectivo, unha boa cifra a pesar da pouca publicidade coa que conta o proxecto. "Non hai publicidade, quédase por Internet, hai unha web e temos varios teléfonos de contacto. Tamén se pode consultar a programación nos diferentes locais sociais do paÃs", advirte.
Proxectos de futuro
Entre as novidades do proxecto para este ano, e en relación coa implicación de novos colectivos no proxecto, está a ampliación das saÃdas. Logo de visitar a Comarca de Bergantiños, o Canon do Sil, a zona do Tambre ou a zona de Trasancos, está prevista para o outono a visita ao Condado e as Terras de Melide e acabando o ano coa ruta da Raia Seca. "En setembro imos facer outro pola Galicia exterior, na zona de Lubián, en Zamora. Imos traballar con xente de alà que nos van amosar cousas tan interesantes e pouco coñecidas coma a RomarÃa das Fouces". A orixe desta celebración está en que, nas migracións de galegos á sega de Castela, moitos segadores ofrecÃanse ao santo para ter unha boa temporada, e ao seu retorno deixaban o fouciño na ermida en agradecemento. Dun xeito semellante, e coa colaboración da asociación do Bierzo Fala Ceibe, a COGARRO agarda facer o vindeiro ano unha visita a aquela zona. A intención do colectivo a medio prazo é manter o proxecto sen caer nunha burocratización excesiva da organización e achegando cada vez a máis xente este xeito alternativo de coñecer unha historia diferente.