A área metropolitana da Coruña poderÃa contar cunha televisión de ámbito comarcal promovida pola corporación municipal da cidade. Polo momento, a corporación municipal quere chegar a un acordo de consenso cos outros municipios da área metropolitana para poder cumprir os prazos de solicitude concedidos pola Xunta de Galicia. A canle estarÃa xestionada por entidades asociativas da zona. Pola súa banda, Javier Otero Llovo, director xeral de Localia en Galicia, manifestou a intención deste medio de comunicación de comezar as emisións en Ourense, a única das sete cidades que aÃnda non conta cunha emisora de Localia TV. Otero fixo estas declaracións na súa toma de posesión como novo director da Ser en Galicia.
Máis información sobre a canle de A Coruña en El Ideal Gallego; sobre Localia en El Correo Gallego