O concello de Ourense e o Centro de Interpretación das Xogos Populares acaban de tecer unha alianza estratéxica para pór en marcha un curso moi singular. Trátase do primeiro "Curso de Xogos e Desportes Populares" que pretende concentrar en tres dÃas aos estudosos, investigadores e os que lle gusta xogar coa tradición. Todos os que teñan ganas de xogar teñen unha cita, a partir de mañá, en Ourense.
"O principal obxectivo deste curso é crear unha rede de asociacións, xentes e demais activos, tanto de Galicia como de Portugal, que estean traballando sobre o tema para iniciar un contacto permanente". Deste xeito Lois Pardo, director do cento de Interpretación de Xogos Populares (O Palao) e un dos promotores desta iniciativa, explica a finalidade última dunha actividade que está a medio camiño entre o aspecto lúdico e o académico.
Precisaban ter unha escusa para agruparse, para compartir sinerxÃas e para que todas as actividades que as asociacións estaban desenvolvendo de xeito illado en pequenos concellos teñan, por dicilo dalgún xeito, unha forma de publicidade e se poidan conectar entre si. Por iso é posÃbel que o Curso non teña vocación de continuidade. "AÃnda que cando se comenta esta idea- di Lois Pardo- non agrada moito, neste caso non é negativo. Nós serÃamos os primeiros sorprendidos se pensaramos que un tema coma este dese para un congreso anual. O que nos parece máis básico é que esteamos todos en contacto e a partir de agora a xente que está fora".
E ese obxectivo incial está cumprido. "Por exemplo, continúa Lois Pardo, serviunos para tomar contacto con dúas asociacións de Uruguai e unha de Montevideo que están a traballar o tema de xogos populares". E isto ofrece unha riqueza moito máis ampla porque cada comunidade pode dar conta das diferentes variedades que ten o xogo, de coo foi tomando relación co contorno no que se inseriu ese xogo e da súa especificidade.
Para completar esta toma de contacto, desde a organización do curso botará a andar o portal (http://www.xogospopulares.com ou http://www.jogospopulares.com) no que haberá un foro virtual para que todos os axentes interesados poidan manter e perpetuar o contacto unha vez que regresen aos seus respectivos fogares.
O programa
E para iso montaron un completo programa que, desde mañá e até o vindeiro domingo, ofreza dúas partes. Por unha parte a visión máis académica, da man de expertos, estudosos e investigadores, e por outra unha parte máis lúdica e práctica que é a de xogar propiamente dita.
Na parte teórica contan con conferenciantes como Fernado Maestro, director do Museo de Xogos Tradicionais do Campo (Huesca), o único museo destas caracterÃsticas en España, Antonio Cabral, etnógrafo e escritor; Francisco Quiroga, máximo responsábel da organización dos Xogos Náuticos Inter-Celtas, que este ano se van desenvolver no Salnés; os escritores Paco Veiga e Antón Cortizas, que teñen editado publicacións sobre a materia... e representantes de asociacións culturais, de ligas de xogos e máis etnógrafos, que achegarán un punto de vista académico, sobre a tradición, a súa imbricación no contorno que o veu nacer, asà como, as diferentes variantes e peculidades dos xogos e dos deportes populares. Son as sesións máis sesudas e abstractas que se desenvolverán nas mañás do venres e do sábado.
Polas tardes, despois do xantar, chega a parte práctica que ten un dobre obxectivo: por unha banda implicar o máximo posÃbel á sociedade e, en segundo lugar, recuperar as prazas da cidade de Ourense para os xogos populares. Mañá pola tarde, durante a primeira sesión, na alameda do Concello, unha asociación de Porto ofrecerá unha exhibición de xogos populares. Xa na segunda sesión, explica Lois Pardo "imos meternos nas prazas do corazón do Ourense vello, e vanse facer xogos populares. E unha delas vai a coincidir cun mercado de artesanÃa, o que vai a dar moito xogo". E os xogos continuarán o domingo todo o dÃa (de 10h a 19h) mais xa nas instalacións de O Palao, o Centro de Interpretación de Xogos Populares.
Na memoria de Xocas
Este ano dábase unha circunstancia a maiores, que é que o homenaxeado no DÃa das Letras galegas, XaquÃn Lorenzo, era un etnógrafo que tamén tiña estudado os xogos populares da zona de Ourense, da que el era nativo. Por iso, desde a organización non quixeron deixar pasar por alto este detalle e o venres de noite, nunha coñecida cafetarÃa ourensá, vaise facer unha proxección de "O carro e o home", o documental que XaquÃn Lourenzo guionizou, alén dunha sesión de contacontos coa participación dun vasco e un galego.