Desde hai dous anos proliferan nos montes galegos uns curiosos sinais que levan impresa a palabra TECOR. Detrás destas siglas agóchase un sistema de explotación e ordenamento do monte que ten unha grande importancia para a configuración da nosa paisaxe rural e da biodiversidade do paÃs e que afecta ao oitenta e tres por cento da superficie galega.
TECOR son as siglas de Terreo Cinexéticamente Ordenado, é dicir, o equivalente funcional dos antigos cotos de caza. AÃnda que esta nova categorÃa naceu coa Lei de Caza de Galicia de 1997, o regulamento para a sinalización destes espazos non se aprobarÃa até o ano 2002. Foi a partir de entón que os montes de Galicia comezaron a inzarse de carteis con estas siglas. O termo societario, que acompaña o acrónimo na maior parte dos sinais refÃrese a que a propiedade do terreo é dunha sociedade de cazadores. As principais diferenzas que se dan entre os actuais TECOR e os antigos cotos están na súa extensión e nas medidas de xestión que se lles esixen. Deste xeito, mentres os antigos cotos non precisaban de máis que cincocentas hectáreas de extensión, os novos TECOR teñen que ter un mÃnimo de dúas mil hectáreas. Alén diso, teñen que posuÃr un plan de xestión cinexética e un garda que controle o terreo. Arredor de dous millóns e medio de hectáreas do noso paÃs, un oitenta e tres por cento da superficie total ten na actualidade esta consideración, que se reparte en 430 TECOR. Desta extensión, que inclúe núcleos habitados e zonas de seguridade, un sesenta por cento é a que se destina efectivamente á caza, segundo so datos da Subdirección Xeral de Medio Ambiente Natural, Caza e Pesca Fluvial da Xunta.
A xestión do monte
"Os TECOR marcan unha nova planificación e xestión da caza", explica Martiño Nercellas, voceiro de biodiversidade da Federación Ecoloxista Galega (FEG) e representante desta organización no Comité Galego de Gaza. "A liña que define a lei é tanto garantir a viabilidade das poboacións cinexéticas coma a conservación do medio no que se encontra o TECOR. Nos cotos o que se facÃa até o de agora era a extracción de pezas de caza e a introdución de animais mais sen criterios técnicos". Na actualidade propia lei estabelece cales son as ferramentas máis axeitadas para conseguir unha xestión sostÃbel destes espazos. "Isto obriga a coñecer moi ben os efectivos da poboación cinexética, e a ter unha cota de capturas para cada unha das especies", sinala Martiño. O propio texto legal detalla tamén algunha das medidas de xestión do hábitat que se poden desenvolver para mellorar a situación ecolóxica do terreo. "Establece cuestións sobre a mellora forestal, a posibilidade de facer queimas controladas de mato, rozas ou a instalación de refuxio para a fauna e zonas de alimentación". Alén diso, a lei controla pola primeira vez os aspectos sanitarios das repoboacións de especies de caza. "Antes facÃanse sen control, o que deu na aparición de novas enfermidades no monte galego" lembra Nercellas.
Beneficiados
Deste xeito, e para alén dos beneficios que este tipo de xestión ten para as especies con interese para a caza, os TECOR supoñen tamén un vantaxes para outros animais e mesmo de cara á configuración da paisaxe. O voceiro da FEG considera que "a lei de caza ben aplicada pode contribuÃr á conservación e o desenvolvemento sostÃbel do monte e das especies presentes nel". Deste xeito, a extensión de terreos dedicados á caza "pode frear explotacións forestais en réxime de monocultivo" coma as plantacións de eucaliptos ou de piñeiros ao achegar unha alternativa económica a este tipo de negocios. "A caza está vencellada aos empregos silvÃcolas tradicionais", que preservan unha maior variedade de especies maioritariamente autóctonas, "isto supón unha mellora moi importante para animais coma as aves rapaces, que se poden ver moi beneficiadas". Alén diso, os coidados aos que teñen que ser sometidas estas grandes extensiósn de terreo supoñen unha protección adicional contra posÃbeis incendios forestais. Nercellas conclúe "A recuperación de rozas e os cultivos de estibada dan lugar a un incremento da biodiversidade nos montes".
A aplicación práctica
Sen embargo a efectividade final desta lei depende en boa medida do xeito en que se aplique. "Na teorÃa é todo moi bonito e podes deseñar un plan de ordenación estupendo, perón se non contas coa participación e o convencemento dos cazadores de nada vale". As proximidade entre moitos cotos e a posibilidade que a lei provoque a fusión de moitos destes terreos fan necesaria unha coordinación no xeito de manexar estes espazos. "Non vale unha xestión axeitada nun TECOR para que nos próximos se faga unha xestión agresiva que repercuta nos territorios veciños", e esta é, ao xuÃzo de Nercellas, unha das deficiencias que pode ter a lei. Do mesmo xeito os colectivos ecoloxistas achan de menos unha maior interacción deste texto legal con outros que afectan á ordenación do monte, coma a Lei de Montes de Galicia.
Problemas desde os cazadores
O incremento de custos que supón a manutención dun TECOR é unha das principais preocupacións dos cazadores ante a nova ordenación dos terreos, segundo recolle a revista "Caza Galega". Aos custos do proxecto de xestión e da súa aplicación, súmase a necesidade de sinalizar os lÃmites do terreo, pagarlle a un garda e, en moitas ocasións, adquirir novos terreos ou xestionar a fusión de varios cotos para alcanzar a extensión mÃnima. En xeral os cazadores avogan por incrementar ao máximo o tamaño dos terreos cinexéticos e apostan por fusionar os cotos de cada zona, un proceso que levou a que dos 800 cotos existentes no momento en que se aprobou a Lei de Caza, se pasase aos arredor catrocentos trinta TECOR da actualidade. A necesidade de mudar a mentalidade dos usuarios é tamén moitas veces un problema para os propietarios, aÃnda que cada vez son máis os que ven a necesidade de regular dun xeito sostÃbel os recursos cinexéticos.
Un comezo
A pesar desta mudanza, "A maior parte dos cazadores continúa cos mesmos principios de hai uns anos, o de extraer e ter sempre pezas para cazar", sinala Nercellas. "Sempre lles digo aos cazadores nos cotos nos que traballei que a temporada de caza comeza o seis de xaneiro, é dicir, xusto o dÃa que acaba a temporada, xa que ese é o momento no que eles teñen que mirar como está o monte, planificar a poboación, as melloras no hábitat e o control dos furtivos". De se ir cumprindo a lei, é posÃbel que os nosos montes vaian mudando a súa face nos vindeiros anos.