Hai máis de trinta anos que Olimpio Liste, mestre de escola, comezou o seu traballo recollendo de obxectos da sociedade tradicional. Co tempo, e a base de vontade, conseguirÃa reunir a maior colección etnográfica existente en Galicia, con máis de doce mil pezas catalogadas. No ano 2000 a apertura do Museo Etnográfico Olimpio Liste, en Vigo, cumprÃa un soño longamente acariñado polo coleccionista, ao asegurar a continuidade da súa obra.
O impacto que causou no neno Olimpio Liste o seu contacto co mundo rural nas vacacións levouno xa desde pequeno a preocuparse por coleccionar diferentes obxectos da cultura tradicional e a tentar coñecela polo miúdo. Sen embargo non serÃa até 1965 cando, sendo xa mestre de escola, Liste e a súa muller iniciaron o traballo de recollida sistemática de ferramentas e obxectos da nosa cultura tradicional. "Tiñamos un programa de traballo e estudo por comarcas de Galicia", explicaba Liste nunha entrevista no ano 2003. Na organización deste programa, o mestre contaba coa colaboración de dous grandes etnógrafos da nosa cultura, Xesús Ferro Couselo e XaquÃn Lorenzo Fernández "Xocas", cos que colaborou estreitamente.
Método e museo
Ao chegar a unha aldea, o primeiro era presentarse ao cura ou ao mestre do lugar e ir falando coa xente. Nos primeiros tempos todas aquelas ferramentas fóra de uso eran cedidas gratuitamente e trasladadas polo matrimonio no seu propio Seat 600. Co tempo foron valorizándose coma obxectos decorativos e o matrimonio tivo que recorrer mesmo a anticuarios para conseguir novas pezas. Logo de sete anos de recollida, en 1972 abrÃa as súas portas o Museo Etnográfico Olimpio Liste de Oseira. Estaba situado nunha casa dentro do propio recinto do mosteiro, que adquirira e arranxara o matrimonio, e na inauguración estiveron presentes, como non, Ferro Couselo e Xocas. Aos poucos o museo foise coñecendo e a casa chegou a recibir, e aÃnda recibe, arredor de oito mil visitas ao ano.
Segundo nacemento
O incremento constante da colección que deu lugar a auténticos problemas de espazo, o que motivou que os promotores da colección comezasen a buscar axudas para garantir o funcionamento do museo. Despois de varios intentos de colaboración permanente con diferentes institucións públicas, finalmente o Concello de Vigo chegou a un acordo co matrimonio. "Propúxoselle a Olimpio traer parte da colección que non estaba exposta en Oseira", explica Vitoria Vázquez, técnica do Museo Liste de Vigo, "o concello cedÃa a casa Barreras por cincuenta anos e Liste doaba arredor de mil setecentas pezas". Deste xeito, en novembro de 1998 aprobábanse os estatutos da Fundación Liste e o 15 de xuño de 1999 constituÃase en Vigo o Museo.
Diálogo
Seguindo os ditados do fundador da colección, o centro baseouse no contacto directo co público. "A filosofÃa da Fundación é a de Olimpio e é que este tipo de mostras teñen que ser dialogadas, todas as pezas hai que explicala", sinala Vitoria Vázquez, "un xugo non é nada se non se explica a historia que ten detrás". Deste xeito, ningunha das máis de dúas mil pezas que se poden ver neste antigo chalé ten un letreiro que explique o seu nome, orixe ou función. Todas as visitas son guiadas, no mesmo estilo do vello museo de Oseira. Liste sostén que deste xeito o propio coñecemento sobre as pezas increméntase coas achegan que fan os visitantes sobre novos empregos ou variedades de determinado obxecto. Até cinco mil persoas visitan cada ano por este centro para coñecer os vestixios materiais da nosa cultura tradicional.
As mostras
O centro está artellado en nove salas temáticas que ofrecen exposicións permanentes. Deste xeito, no baixo da casa pode verse unha sala dedicada a diferentes cultivos e aos labores relacionados con eles onda un percorrido pola importancia da roda na cultura tradicional. No primeiro andar recóllense diferentes oficios desaparecidos onda unha sala dedicada ás chaves e outra centrada no tecido. Finalmente no segundo andar poden verse estanzas dedicadas ás formas do tallado na madeira, aos métodos de iluminación, ás representacións materiais da fe e á menciña popular. Ademais, o museo programa periodicamente mostras temporais que tiran á luz novos fondos ou que levan ao público materiais recollidos por outros coleccionistas privados. Deste xeito xa se puideron ver no local coleccións de radios antigas ou de bicicletas onda mostras dedicadas ás formas da cerámica tradicional ou a obxectos cotiáns singularizados pola man do home.
Didáctica
A vocación do centro por difundir a etnografÃa queda demostrada cun completo programa didáctico, que abrangue desde centros escolares até visitas programadas para a terceira idade, alén de contar cun servizo especial para invidentes. O propio centro elabora materiais didácticos especÃficos para os diversos grupos de visitantes e mesmo ten editado material coma tarxetas adhesivas, crebacabezas ou mesmo un dominó pictográfico. Dentro da atención que se presta ás visitas de escolares, organizan tamén actividades con xogos e xoguetes antigos. "Estamos a facer "O museo viaxa", unha actividade na que colaboramos con colexios e asociacións que queren facer exposicións con pezas que achega a xente", explica a técnica do centro. "O Museo viaxa a eses sitios, leva algún material e despois dá unha charla explicando o que se amosa". O centro participa tamén en mostras coma "A memoria do pobo" ou a mostra sobre a reconquista de Vigo que actualmente se desenvolve no museo de Castrelos.
Amigos e familia
A fundación está a pór en marcha desde o pasado ano 2003 cunha asociación de amigos. Os arredor de vinteoito membros deste grupo, denominado Barcal, participarán nos proxectos de investigación e nas diversas actividades que se desenvolvan no centro. Alén diso, preténdese que participen en traballos de recuperación de material de interese etnográfico por toda Galicia. Para decembro está previsto que saia o primeiro número da publicación deste colectivo, que realizará en breve a primeira saÃda de campo ao museo de Oseira. Alén deste colectivo, existe tamén outro chamado A Familia etnográfica, que "está composto polos donantes que ceden pezas para o museo, mais que non ten entidade legal", explica Vitoria.
Proxectos
A prioridade para o museo é medrar. "Temos pouco espazo", sinala Vitoria. "Pensamos novas salas monográficas, queremos instalar na finca unha mostra de peches de leira, rehabilitar o hórreo, instalar unha cafetarÃa e dinamizar a zona". A máis longo prazo queda a idea inicial de unir este centro co achegado Museo de Castrelos a través dunha ponte. Os proxectos son moitos e ideas non faltan. A intención, sempre, é levar a luz á esa parte do noso pasado aÃnda se pode tocar.