Vai xa para dous anos nacÃa na rede galega unha iniciativa que aÃnda hoxe non ten igual, un espazo desde o que un colectivo anónimo de ocorrentes persoas, que se fan chamar os Subcomediantes, practican un irreverente e crÃtico sentido do humor como xeito de conseguir a liberación do paÃs, seguindo os ditados do movemento ridiculista. É a VÃa Anticolonial Activa: VA-CA.
A inspiración que deu pé a este colectivo de aguerridos militantes veu desde Cataluña. Segundo declara o Sub-H "Unha noite eu tiven un soño premonitorio no que se me aparecÃa un enorme gato a falar catalán. O dÃa seguinte descubrÃn a páxina da Lliga Anticolonial e inmediatamente púxenme en contacto cos Subcomediantes S. e R.,que llo comunicaron ao Subcomediante E-1". A base da Lliga Anticolonial era o ridiculismo, que pretende conseguir a liberación nacional realizando todo tipo de actos burlescos e estrambóticos até que as potencias coloniais se farten e marchen por pura vergoña allea, segundo pregoa o web deste colectivo. Poucos dÃas máis tarde desa descoberta, o doce de outubro do ano 2002, unha cafetarÃa compostelana vÃa a primeira xuntanza do que serÃa o Comité Homologador Central (CHC), máximo órgano coordinador do novo movemento e da que sairÃa o Manifesto Programático de VA-CA, tirado en boa medida dos principios programáticos da Lliga.
Teses
Neste primeiro documento establécese a tese de que os galegos sufrimos a colonización mental do Imperio Pequeno, e chama a recoñecer este estado de alleamento mental e a loitar contra el mediante "a retranca, o humor, a substituiçom simbólica e o surrealismo polÃtico". Apostando pola igualdade de todas as culturas e a necesidade do diálogo e do intercambio entre elas, VA-CA anúnciase coma unha organización unificadora e descentralizada. Esta definición ampliouse posteriormente coa definición dos Principios Axiomáticos Básicos e os Principios de Organizaçom Interna do movemento, que estabelecen que todas as accións de VA-CA se desenvolverán respectando a letra das leis e insisten na necesidade do riso: "sem um radical e verdadeiro sentido do humor nom se pode ser da VA-CA. Existe umha cheira de organizaçons que vos podem acolher se achardes que com a nossa causa nom se pode facer brincadeira".
Internacionalismo ludo-reivindicativo
Do mesmo xeito que VA-CA outros movementos van adoptando os tintes do ridiculismo e da loita pola substitución simbólica. Deste xeito en Euskadi existen os Demos de Euskadi Norte, en Cataluña diferentes colectivos que comparten en maior ou menos medida as bases deste movemento intégranse no Moviment Ridiculista de Allibertament Nacional (Provisional). Os membros do colectivo galego admiten a súa admiración por un movemento coma o das Guerrilla Girls, que desenvolven espectaculares e anónimas accións de denuncia feminista. Tamén desde Italia o colectivo de creadores anónimos Wu Ming chama á subversión pola creación artÃstica desde o ano 2000. Novos e orixinais xeitos de entender a revolta estanse a estender neste novo milenio, e desta volta, semella que con VA-CA, Galicia está na vangarda.
Definicións e organización
Nos seus documentos fundacionais, VA-CA defÃnese como unha "organizaçom-nom organizaçom" que funciona sen membros, sen directiva e sen lÃderes. De feito, os membros do colectivo redúcense aos participantes do Comité Homologador Central, un grupo secreto "que non se elixe, é", segundo define o Subcomediante JM e cuxa funcnión é garantir que as accións que se desenvolven baixo nome e o logo da organización se axeiten aos Principios Axiomáticos e ao Manifesto Fundacional. Este Comité Homologador está composto na actualidade por seis subcomediantes anónimos que coordinan a súa actividade a través do correo electrónico "de feito algúns de nós non nos coñecemos persoalmente" asegura o Subcomediante Z. O resto da VÃa Anticolonial está composto por "un número indeterminado de vaqueiros que organizan e colaboran nas nosas accións. Por ridÃculo que pareza, ou precisamente por iso, moitos deles nin sequera saben que o fan."
Accións
Un dos primeiros actos públicos do grupo foi a posta en marcha de VA-CA.org, unha web na que se dá conta das campañas homologadas polo colectivo, se poden ler noticias de corte ridiculista e se desenvolven diferentes iniciativas humorÃstico-combativas, alén de albergar un foro no que se dan cita os vaqueiros, que é como se denominan aquelas persoas que se identifican cos principios da organización. A través deste medio publicitáronse as diferentes campañas que impulsou o colectivo, e que van conseguindo aos poucos un impacto mediático e social cada vez maior. Segundo asegura o Subcomediante S, a máis nomeada foi aquela na que VA-CA solicitaba o voto en Eurovisión para o grupo belga Urban Trad, no que participaba a galega Verónica Codesal. A formación quedou finalmente en segundo posto, despois de ter recibido un bo lote de votos desde Galicia. O colectivo tamén impulsou a campaña "Nom com o nosso nome" para que se lle mudase a denominación á fragata "Galicia", enviada a Iraq durante a última guerra. "Dous ou tres dÃas despois da iniciar a campaña, alguén do BNG pedÃa no Senado exactamente o mesmo, e empregando razóns sospeitosamente similares", apunta o Subcomediante JM. "Abre os olhos cerra a lingua" é o nome da campaña que reclama un galego oral que respecte o acento propio, e cuestións coma a reivindicación da "Hora nacional galega" (unha hora menos que en España) foron tamén obxecto de atención do colectivo.
Fala e falo
Entre as accións máis recentes estivo a promoción da Associaçom de Neofalantes O Falo, asà denominada en referencia ao poema de Celso Emilio sobre o idioma galego ("o falo porque si, porque gústame...") ao tempo que homenaxea dúas asociacións tan importantes para a nosa cultura coma O Galo e O Facho. Con esta asociación convocouse O I Encontro de Puta Matrix, ao que acudiron arredor de cincuenta persoas disfrazadas ao xeito do filme Matrix, convocadas exclusivamente a través da rede, nunha homenaxe as persoas que deciden mudar voluntariamente de idioma, do castelán ao galego, e a grande importancia que teñen para o futuro da nosa lingua.
Proxección e futuro
Alén das case catro mil visitas do web, o colectivo conseguiu unha destacada proxección social a través de diferentes medios da Internet galega, e participou en eventos coma o Foro Negro ou o Fórum da Lingua. Ademais o CHC mantén unha sección fixa, "As páginas marelas", na publicación "A Esmorga", e ultima o lanzamento dunha liña de camisetas. Os subcomediantes anuncian unha nova campaña a prol da apostasÃa e unha futura colaboración periódica nunha revista catalá. O CHC segura que, en colaboración con O Falo, están a artellar unha festa temática dedicada a Andrés do Barro, "cantor neofalante inxustamente esquecido", segundo sinala o Sub H. A VA-CA continúa a rumiar.