A historia do Pazo Quiñones de León é a dos infortunios con final feliz. Tivo que atrasar a súa inauguración polo estoupido da Guerra Civil. Máis tarde, os seus problemas estruturais, derivados de ser unha construción do século XVII apenas reformada, tivo que vencer ás humidades que deterioraban as obras que albergaba. O último atranco comezou hai case dous anos, cando a vaga de aperturas de centros culturais obrigou a redefinir a súa función museÃstica. Hoxe, mentres prepara unha exposición para exhibir os seus fondos inéditos, o museo de Castrelos loita por abrirse un oco.
O primeiro atranco chegou coa súa inauguración. Unha efeméride que tivo que ser atrasada case un ano (a apertura foi finalmente o 22 de xullo de 1937) polo estoupido da Guerra Civil. O obxectivo de converterse no museo municipal da cidade tivo lugar grazas á doazón do benefactor vigués Policarpo Sanz, que cedeu a súa colección para exposición permanente da pintura europea dos séculos XVII e XVIII. Un leigado que se expuxo publicamente hai dous anos logo de ser sometido a un custoso proceso de recuperación.
Pero a colección ampliarÃase máis tarde, 1953, cando se encontran estelas romanas. Un feito que se plasma no museo coa apertura da sala de arqueoloxÃa. Deste xeito redefinÃanse as tres funcións ou as tres coleccións que tiña que albergar o museo: arte, arqueoloxÃa e museo de Vigo.
Da arte á arqueoloxÃa
O Museo tiña claro que habÃa de ser reflexo da historia da cidade olÃvica. E iso pasaba por expoñer as orixes da propia cidade. Creou asà dúas salas decidas á Prehistoria e á ArqueoloxÃa de Vigo. Nela figuran os útiles do xacecemento de Budiño, sarcófagos medievais ou o mostrario de pezas de cerámica da cultura castrexa.
No que atende á arte, o Quiñones de león fai un percorrido pola arte galega desde finais do século XIX ate as correntes renovadoras dos 80. En 22 salas recolle aos paisaxistas (Jenaro Villamil e SerafÃn Avendaño), aos rexionalistas (Sotomaior), aos renovadores da plástica galega como Maside, Colmeiro ou Laxeiro, para pasar aos surrealistas (LugrÃs) e abstractos (Huete, Facal ou Mantecón) para dar paso ás correntes máis rupturistas e vangardistas que abriron os integrantes do chamado "Movemento Atlántica".
Expresións artÃsticas e históricas que formaron parte das súas exposición permanentes e temporais. Precisamente, son estas últimas as que se retomaron hai catro anos, logo de dúas décadas de escasa actividade e que, desde a concellarÃa de cultura, pretendÃa que fosen entre catro e seis mostras anuais.
As reformas: da estrutura á función
Foron precisamente os oitenta época de cambios para o Quiñones de León. Aprobáronse daquelas os estatutos que rexen ao Padroado e que permanecen vixentes hoxe en dÃa. Pechouse como sala de exposición temporal e foi apagando pouco a pouco a actividade que desenvolvÃa o centro.
Precisamente esa inactividade agravouse cunha serie de deficiencias estruturais que acabaron por saÃr á luz pública a través dos medios de comunicación, que alertaban que a situación do Pazo estaba afectando a moitas das obras.
Foi precisamente nese momento, cando Vigo estaba a vivir un apoxeo cultural coa proxección de numerosos centros culturais que comezou a definir cal serÃa a función do museo ante a nova situación cultural. Anunciáronse dúas ligazóns: Marco-Quiñones de León, por unha banda e Verbum-Museo do Mar pola outra. O interese do equipo de goberno era a especialización de cada un dos centros museÃsticos. Coa apertura do Marco en outubro de 2002, veuse que cada un cumprÃa funcións diferentes aÃnda que baixo a mesma titularidade. De momento, segundo fontes do museo, a única relación entre os dous centros é que o depósito do Marco alberga obras da colección permanente que o Museo de Castrelos non pode gardar debido ás deficiencias do centro.
Stand by
Nos últimos anos cambiouse o tellado, os cuartos de baño, fÃxose un tratamento de couza, pero segue habendo moito que facer, aseguran desde o museo. Mais no medio produciuse un cambio no signo de goberno que fixo que moitas das cousas que estaban proxectadas tiveron que ser paralizadas. O Padroado reuniuse en novembro de 2003 para analizar a situación, logo de que non se producise ningunha xuntanza en ano e medio. Sobre a mesa figuraba un informe de reforma da asesorÃa madrileña TQM que non obtivo moitos votos a favor e que, segundo fontes do propio museo, non chegou a bo termino. De momento, o que está na conciencia de todos, sempre segundo as mesmas fontes, é a necesidade de reformar uns Estatutos que foran aprobados nos oitenta e que compre actualizar.