Francisco Bueno Capeáns publica en EEUU e Francia

Fran Bueno Internacional

Fran Bueno vai publicar na revista de BD francesa “Lanfeust” (ed.Soleil) unha historia de cinco páxinas titulada “Sales coups sour Strombo” escrita polo guionista Pierre Veys. Ademais, o debuxante compostelán está comezando a traballar nunha serie para o selo norteamericano Image, en concreto na serie “Noble Causes” que guioniza Jay Faerber. Ubicada dentro do subselo Image Central, a colección de Faerber xira arredor dunha familia de super-héroes famosos. Desde xaneiro Planeta-De Agostini edita a serie limitada homónima, composta por nove números (Faerber/Gleason). Agora publicarase un especial de 80 páxinas das que Fran Bueno debuxa 22. Despois, encargarase da serie regular, que será aberta. Polo tanto, o artista galego traballará nela en canto as vendas a manteñan nas bancas das librarías. Desde aquí desexámoslle a mellor das sortes.

Máis información no web de Faerber; sobre a actual miniserie; podes tamén consultar a páxina oficial de Soleil e ler a nosa ficha ampliada de Fran Bueno