Copas, roupa, calzado e comidas é no que se gastan a maior parte dos cartos os mozos galegos entre os 16 e os 30 anos. Eran datos feitos públicos polo Instituto Galego de Consumo nun informe que destaca que, para os mozos, a cultura era algo secundario. Pero... ¿que pasa para que a xente nova non merque máis libros, discos, e vaia a máis espectáculos? ¿Non interesa a cultura?
O informe do Instituto Galego de Consumo destaca que os mozos galegos gastan até tres veces máis en roupa que en mercar libros. Ese mesmo estudo do 2002, o último publicado sobre a nosa comunidade relativo a hábitos de consumo culturais (o Ministerio de Ciencia e Cultura en colaboración coa SGAE están preparando un informe actualizado que se ten previsto publicar despois de marzo), destaca que o perfil medio do mozo galego é alguén que vive na casa dos seus pais, que valora a imaxe e a roupa e que concede pouca importancia á ideoloxÃa na súa vida.
Os números
O informe revela máis datos: os mozos destinan o 17.1% do gasto ao acceso a locais de lecer de bebidas, fronte a un 3.8% que lle dedican á cultura; só 13 de cada 100 admite comprar habitualmente un xornal, gástase máis en tabaco e en combustÃbel de automoción (un 5.5%) que en libros, discos e entradas de cinema, por poñer un exemplo. Os datos son desalentadores e o informe revela unha práctica cultural pouco fluida nos mozos galegos.
E eles deféndense. "Non se pode chegar a todas as cousas que queres; unha ou dúas podes mercala, mais a maior parte tiras da biblioteca, ou dun colega" explica LuÃs RodrÃguez (estudante, 26 anos). Ademais, nese informe defÃnese que nos gastos dun mes, van, de media, ao cine 1,4 veces, alugan vÃdeos 1,8 veces, navegan desde un ciber 1,1 veces, toman copas 4,5 veces e mercan revistas 1,1 veces.
Mais non son os únicos datos sobre consumo cultural. Ese mesmo ano, o 2002, o Ministerio de Cultura facÃa públicos o informe sobre as cifras da cultura en España e os principais indicadores revelaba que na distribución de gasto dos fogares en bens e servizos culturais, se gasta máis en comprar a prensa que en servizos culturais, que implica desde asistir ao cine, teatro, espectáculos, musicais até as entradas en museos e bibliotecas (do 23.5% de gasto en prensa fronte o 25.2% do gasto en servizos culturais). E, para máis números, o Anuario da SGAE 2003 das Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais destacaba, como tónica xeral, un aumento no número das funcións e nos espectadores, por conseguinte, un aumento na recadación. Cómpre recordar aquà que a SGAE só contabiliza os espectáculos de pagamento, co que queda unha boa parte da cultura, a programada polas diferentes entidades públicas que acostuma a ser de balde queda fóra dos seus datos.
AÃnda asÃ, xunto aos informes que falan do baixo Ãndice de consumo cultural, ademais das contas da SGAE hai indicadores que revelan que o gasto dos fogares en consumo cultural está aumentando. Segundo os datos do MEC dos 5.564,1 millóns que os fogares españois se gastaron en cultura no 1998, no 2000 chegouse até o 6.765.6 (un 21% máis).
As historias
E os propios mozos aluden a outros fenómenos. "O prezo dos libros e discos que están polas nubes" apunta Silvia Sanjurjo (opositora, 24 anos); outros xustifican mesmo as súas prácticas máis ou menos lÃcitas "fotocopio libros, leo os xornais nos bares cando tomo unha pinta, baixo pelÃculas de internet, copio Cd's na miña gravadora e non me colo nos concertos porque teño medo de que me pillen", este estudante de historia de 21 anos é un exemplo do que moitos mozos se queixan do alto prezo das actividades chamadas "culturais".
"Non te vaias pensar que non me gusta ir ao teatro, explica Sibila (bolseira, 27 anos) o que pasa é que cos meus 500 euros da bolsa, entre comer, vestir e pouco máis, só podo ir ao teatro unha vez cada seis meses, e iso se non vou a un concerto ou deixo de ir ao cine unha temporada". Sibila toca outro tema que come á parte, a situación laboral dos mozos galegos. Segundo un informe promovido e financiando pola Fundación Pedro Barrié de la Maza "A inserción laboral dos mozos en Galicia" o salario medio dos mozos de 16 a 30 anos é inferior aos 570 euros ao mes e, na maior parte das ocasións, non teñen contrato.
A outra cara da moeda
Juan Carlos Fasero, socio da discográfica Zouma Récords, coméntanos que o "prezo medio é de 15 euros, un prezo que inclúe a fabricación do CD, o que cobra o artista, o estudo de gravación, o deseño da maqueta, a marxe da distribuidora por poñelo na tenda, e claro está, o que lle gaña a tenda". Fasero coida que non é cuestión de prezo, senón de hábito de consumo dos mozos. "A música é cÃclica, asegura Fasero, porque a podes escoitar pola rúa, nos comercios, nos lugares de copas... e claro, é máis accesÃbel, e as copas tes que tomalas. Son hábitos distintos".
Pola súa banda, o director da editorial viguesa Ir Indo, Bieito Ledo, afirma que "hoxe o que impera é a filosofÃa do hedonismo e do pracer máis inmediato. O pracer da lectura parece que é para un sector minoritario que goza lendo". É por iso que o propio Ledo considera que o prezo non é “en absoluto” condicionante, xa que o "custe pode supor unha maior valoración e nese aforro por conseguir o exemplar, a lectura deixará unha pegada máis fonda".