O Festival Internacional de Cine da Coruña, Intersección, fechaba portas este sábado 4 de outubro coa entrega dos seus galardóns. O director Nelson Yeo, de Singapur, impúxose co filme Durian, durian na competición internacional pola súa combinación de "experimentación estética e reflexión polÃtica". O xurado outorgou ademais nesta categorÃa unha mención especial para Real Faces Leni Huyghe, que tamén foi recoñecida co Premio do Público.
Na Curtametraxe Española da Sección Internacional, o galardón foi para La nostra habitació de Jaume Claret Muxart, mentres a mención recaeu en La sangre, de JoaquÃn León.
O Premio do Xurado da Sección Galicia, pola súa banda, recoñeceu Deuses de pedra, de Iván Castiñeiras, "pola súa capacidade de preservar a memoria e transformar o Ãntimo en universal". Houbo unha mención para Un sueño de una noche, que tamén obtivo o recoñecemento do Xurado Novo, dirixida colectivamente por Sandra Iglesias González, Claudia de la Iglesia DÃez, Bárbara Portilla Santana e Marina Fornies Briceño.
Na Sección Fulgor, o xurado o galardón levouno Algunos recuerdos (no) son mÃos, de Rebecca Tolosa Gilroy, con mención para O costume do traballo, de Luis Morla. O Premio NUMAX foi para Alboroque, de Sabrina Fernández Casas, "pola súa achega honesta a unha problemática comunitaria e pola súa aposta polo colectivo como camiño de esperanza fronte á destrución".
No marco de NEXUS, o espazo de industria do festival, entregáronse os premios Impronta, que achegarán un ano de asesorÃa aos proxectos SOS, de Nicolás MartÃnez; o Premio DÂ’A a Despois de Grecia, de Irene Pin e o Premio Materna a Wólfram, de Sara Gil Méndez.