A Real Academia Galega de Ciencias entrega os premios de investigación

Premio por investigar

Un traballo sobre o crecemento hormonal, unha investigación sobre a localización de orexinas (hormonas que regula o mecanismo do apetito no cerebro humano) e un proxecto sobre a bioloxía reproductiva de comunidades de crustáceos dos intermareais de Mar de Prata arxentina acaban de alzarse cos premios que anualmente concede a Real Academia Galega de Ciencias e Caixa Galicia. E seguimos coa ciencia temos que falar de que un grupo de mozos da Universidade de Santiago de Compostela patentan unha xeringuilla non reutilizable que recibiu o primeiro premio do concurso Ideas Empresariais Innovadoras "Empresa Xove USC".

Premios da Academia de Ciencias

Onte tivo lugar o acto de entrega dos premios da Real Academia Galega de Ciencias en colaboración con Caixa Galicia do seu labor de investigación científica. O primeiro premio da categoría de traballo de investigación recaeu en Celia Pombo, Juan Zavilde e Carlos Diéguez por un traballo sobre o cremento hormonal. O título da súa investigación foi "Efecto do factor liberador da hormona de crecemento sobre proteínas celulares e implicadas en proliferación e desenvolvemento hormonal".
Na categoría de Promoción dos mozos investigadores menores de 28 anos, Montserrat Blanco Ramos obtivo o primeiro premio cun traballo a localización da hormona que regula o apetito no cerebro. O título é "Localización extracerebral de receptores de orexinas". O accesit desta categoría foi para Rodrígo López Pouso polo seu traballo "Existencia de solucións para ecuacións diferenciais ordinarias discontinuas".
Por último, o xurado premiou o "premio para un traballo publicado" o proxecto titulado "Síntese sobre a bioloxía reproductiva dos actimartos intermareais do Mar de Plata" realizado por Mauricio Zamponi, do Instituto de Ciencias Marina da Facultade de Ciencias Exactas e Naturais da da Universidade Nacional de Mar de Prata.











Xeringa non reutilizable


Ademais, estes días tamén temos outra noticia de ciencia que tamén foi premiada. Trátase dunha xeringa reutilizable que supera en seguridade a única que existe agora mesmo. Este proxecto foi proposto polo concurso de Ideas Empresariais Innovadoras Empresa Xove USC, cun equipo integrado pola bióloga Rosario Pardo, o químico Ángel Lavandeira, e a empresaria Dolores Suárez.
O mecanismo desta xeringa está en que conta cunha goma que se endurece coa humidade do ambiente, e que recubre toda a agulla impedindo a súa reutilización.
Polo demais, os investigadores consideran que é un proxecto viable xa que a súa comercialización suporía un gasto de 75 millóns de pesetas, o que é perfectamente asumible a nivel empresarial.