Marcar un antes e un despois da cultura. Esta era a intención coa que naceu o Foro Negro, un encontro no que creadores e iniciativas culturais se deron cita para definir un novo panorama cultural no paÃs. Durante dous intensos dÃas arredor de trescentas persoas se reuniron en Compostela para buscar alternativas á situación do paÃs. Propostas que reclaman a utilización de espazos públicos para a cultura ou a posta en marcha de novos medios de comunicación son algúns dos proxectos que naceron deste encontro.
Alén de mudar o aspecto das praias e de afectar aos ecosistemas, a marea negra provocada polo Prestige tivo uns efectos que chegaron até o mundo da cultura. Pola primeira vez, artistas, intelectuais, traballadores de a pé e persoas provenientes de todo o espectro da cultura reunÃronse arredor da plataforma contra a Burla Negra e comezaron a traballar en proxectos multidisciplinares á marxe do poder e dos recursos de financiamento habituais. Manifestacións diferentes, concertos, exposicións, publicacións nas que se mesturaban todo tipo de xéneros creativos. Todo organizado desde a base e de xeito asembleario e con sistemas de financiamento autónomos.
Un ano despois da catástrofe, o movemento continúa vivo. AÃnda o pasado verán a carpa "O paÃs de Nunca Máis" percorrÃa o paÃs, e en outono saÃa á luz o libro e os CDs de "Sempre Mar". Ao ir cumprir un ano de existencia, a Burla Negra decidiu afrontar o seu futuro coa opción de se disolver unha vez cumprida a súa misión ou de transformarse nunha base desde a que, con todos os movementos e organizacións culturais do paÃs, crear un novo xeito de facer cultura en Galicia. E para decidir isto, os membros do colectivo pensaron en organizar o Foro Negro
Análise
O catorce e o quince de decembro o edificio do Instituto Galego da Información (IGI) de Compostela converteuse nun fervedoiro de ideas de actividade. As propostas que ao longo de varios meses foran nacendo e perfeccionándose nos foros de Internet (que se demostrou coma un medio imprescindÃbel para a organización desta actividade) sometÃanse por fin a debate aberto. Nas distintas mesas de traballo en que estaba organizado o encontro encontrábanse algunhas das experiencias máis innovadoras que se están a facer en Galicia a nivel cultural. Segundo resume Carlos Santiago, da Burla Negra, a idea era "iniciar un proceso de debate social da cultura en Galicia e discutir a posibilidade de organizar a cultura nunha rede de carácter independente con medios de comunicación propios e unha maior unidade de acción". Desde a organización tiñan clara a necesidade de contar coas iniciativas culturais galegas que se desenvolven na emigración. Deste xeito, e simultaneamente á xuntanzas de Compostela, a comunidade galega en Barcelona organizou os seus propios debates, analizando a presenza da nosa cultura no exterior e as posibilidades de traballo neste sentido. Tamén desde Londres, Buenos Aires ou Granada houbo comunidades galegas que fixeron as súas propias análises sobre estas cuestións e contactaron co foro.
O que vai facer a cultura
O evento funcionou arredor de tres eixes principais. Por unha banda organizáronse catro mesas de traballo sectoriais nas que se propuñan e analizaban simultaneamente diferentes iniciativas. A relación do mundo da cultura co poder; a necesidade de organizar os valores sobre os que asentar un novo discurso cultural; a posibilidade de artellar, a partir da experiencia deste ano de traballo, unha rede cultural alternativa no paÃs; a creación de novas tácticas de acción cultural. Con algo máis de vintecinco persoas en cada sala, as propostas foron do máis variadas. En xeral, segundo sinala Carlos Santiago, "a idea predominante entre a xente implicada é ser autosuficientes na nosa comunicación e non buscar unha nova relación cos medios, que até o de agora manifestaron desinterese sobre a cultura do paÃs". Coma obxectivos de acción saÃron destas mesas ideas coma a creación de consellos consultivos da cultura en cada vila, facer accións culturais na rúa e liberar espazos públicos, tomar as casas da cultura, que, segundo o comunicado do foro "están infrautilizadas" ou facer un DÃa das Letras alternativo. Alén diso, propúxose realizar actos de oposición ao ano Xacobeo 2004, denunciar "manifestacións pseudoenxebres-gastronómicas folclóricas e relixiosas" e "desenmascarara a fundación Arao". Até a creación dunha segunda canle de televisión pública foi proposta neste encontro. Tamén se aprobou a creación dun "mapa da cultura", unha base de datos que se poida consultar a través da rede e que recompile todo tipo de iniciativas culturais que se desenvolven no paÃs.
O que xa se fai
No apartado Experiencias presentábanse proxectos que xa se están a desenvolver por todo o paÃs e que, por ter escasa presenza nos medios, rara vez logran darse a coñecer fóra do ámbito local. Deste xeito achegáronse ao encontro empresas que están a amosar novos xeitos de traballo coa cultura, coma é o caso da Cooperativa Tagen Até e os seus obradoiros de lingua e sociedade ou a nova proposta de distribución de libros que é a revista Biblos. Tamén os espazos culturais alternativos que se están a multiplicar no paÃs, coma a NASA e a Casa Encantada desde Compostela, compartiron as súas experiencias. A nivel de experiencias independentes en canto a medios de comunicacións déronse a coñecer o proxecto de televisión local comunitaria de Chantada "Cabo do Mundo", o traballo da revista literaria virtual Andar21, a web ridiculista VA-CA, o boletÃn "Contramaré", Radio Kalimero, Radio Piratona e un novo proxecto de radio libre en Ferrol. Iniciativas literarias coma "Mar de Tinta" ou o "CÃrculo de Xoves Escritores" de Ourense, outras artelladas arredor da música coma AMELGA, da lingua coma o MDL ou mesmo arredor do circo coma Pistacatro... até vintesete colectivos presentaron as súas ideas e membros de moitos outros participaron neste encontro.
Máis cousas
Alén destes encontros de reflexión, o Foro Negro tivo tamén lugar para a exposición e venda de material producido polas diferentes organizacións participantes. Cara o final da tarde do sábado, entre as oito e media e as dez da noite o auditorio circular do IGI acollÃa breves pezas de teatro e números de cabaré, amosando en directo novas iniciativas artÃsticas que se desenvolven no paÃs.
A burla futura
Na Asemblea da Burla Negra que se celebrou este domingo discutÃronse as diferentes propostas, que se están a recompilar durante esta semana nunhas actas que resumen o traballo destes dous dÃas. Na asemblea decidiuse tamén a continuidade do colectivo, que seguirá a funcionar coma unha organización paraugas coordinando os proxectos. Unha vez publicadas estas actas crearanse grupos de traballo para concretar as diferentes iniciativas aprobadas. É de agardar entón que en pouco tempo coñezamos como se van realizando os o proxectos que naceron esta fin de semana.