O festival de cinema de VilagarcÃa de Arousa 'Curtas Festival do Imaxinario' ven de poñer en marcha o proxecto 'GALICIA IMAXINARIA', co cal levará o talento audiovisual fantástico galego a outros paÃses. Sete curtametraxes, todas elas premiadas en anteriores edicións do Curtas, son as primeiras seleccionadas que pasarán por salas de proxección de outros festivais en Arxentina, Brasil, Chile, México e Portugal nos vindeiros meses.
Os filmes seleccionados ofrecen, segundo a organización, un gran abanico dos diferentes estilos, temas e sensibilidades presentes no fantástico galego recente. As sete curtametraxes seleccionadas para esta primeira edición son : 'Compañeiros' (2022), de Fernando Tato; 'In Half' (2024), de Jorge Morais; 'Mare' (2020), de Guille Vázquez; 'O que queda de nós' (2021), de Miguel G. Abad; 'Sombra do mar' (2021), de Sergio Pereda; 'Teratoma' (2021), de Jano Pita; 'Xogo de nenos' (2023), de Miguel R. Berride.