Co título Historias, a Real Filharmonía de Galicia presentaba este 20 de xuño a programación da súa temporada 2025/2026. Co lema Historias, a formación con sede en Compostela combinará unha ollada atrás, a recuperar repertorio dos seus primeiros anos, con propostas inéditas.
Deste xeito, o proxecto Cometas preséntase como a grande aposta da Real Filharmonía para celebrar o seu trinta aniversario. Dezaseis obras sinfónicas de carácter breve, cun máximo de 5 minutos de duración, reúnen oito nomes da composición galega e 8 da estatal. As estreas absolutas destas pezas poderán escoitarse co comezo dos recitais da formación ao longo da nova temporada. Antón Alcalde, Leticia Goás, Lula Romero, Helena Cánovas, Inés Badalo, Sofía Oriana Infante, Carme Rodríguez, José María Sánchez-Verdú, Núria Giménez-Comas, Joan Magrané, Juan Durán, Nuria Núñez Hierro, Voro García, Octavi Rimbau, Francisco Domínguez e Gabriel Erkoreka son os autores e autoras que participan da iniciativa.
A orquestra recuperará tamén nomes de solistas do país que triunfan no exterior para diferentes recitais. Diego Ares, Raquel Areal, Andera Rey, Esteban Batallán e Silvia Rozas participarán en concertos previstos para a nova temporada. Continuará como artista en residencia a violinista Amandine Beyer, mentres que pola dirección pasarán nomes como Ruth Reinhardt, Ben Voce, Johanna Malangré, Ágata Zajac, Clark Rundell, Paul Daniel, Vimbayi Kaziboni e Zoe Zeniodi.
Continúan no programa propostas como o ciclo (En)Foco con tres recitais nos que se poderá escoitar a banda sonora do filme Sing Sing, un monográfico sobre Philip Glass e un concerto dedicado á música africana con Seckou Keita. Tamén se desenvolverán os habituais concertos didácticos e colaboracións con entidades como a Banda de Música de Santiago, o Festival Resis ou o proxecto Sensoxenoma.