A Cooperativa AIRA súmase á celebración do Día das Letras

Reúne nomes da literatura e das artes do país na campaña AIRA, voces que unen

A Cooperativa agroalimentaria AIRA súmase ás celebracións polo Día das Letras Galegas coa campaña AIRA, voces que unen. Esta consiste nunha serie de vídeos con figuras destacadas da cultura do país cos que quere "contribuír a visibilizar a identidade galega dende distintos ámbitos".

A iniciativa publicará nas redes sociais da entidade unha serie de vídeos ao longo do mes de maio. As escritoras Paula Carballeira, Eva Veiga, Olga Novo, Enma Pedreira, Estíbaliz Espinosa; a compositora e regueifeira Ana María, a soprano Esperanza Mara, a etnomusicóloga e intérprete Branca Villares e o pintor Alfonso Costa participan desta iniciativa da que tamén fan parte varias persoas socias da cooperativa "que achegan unha ollada directa dende o rural e o compromiso cotián coa lingua e a identidade galegas".

Vídeo de presentación da campaña