Un ano máis o Consello da Cultura Galega convoca a asistir ao Concerto das Letras Galegas , o evento musical co que a entidade tradicionalmente celebra o Día das Letras Galegas. O CCG leva nesta ocasión a celebración a Carballo, no Pazo da Cultura o vindeiro 16 de maio, en recoñecemento á riqueza deste patrimonio inmaterial no municipio e comarca bergantiñáns, da man dos 11 artistas procedentes da música tradicional, da popular e da moderna que conforman Do Bertau, un grupo creado expresamente para o Concerto das Letras Galegas 2025. Do Bertau está constituído polas cantareiras e pandeireteiras que conforman o grupo Bouba: Carme da Pontragha, Maca do Pinheiro e Uxía da Pontragha; xunto con Tanea; a contrabaixista Yudit Almeida; o batería Álvaro Trillo; o pianista Fran Trashorras; o trompetista Javier Pereiro; o saxo tenor e soprano Marcos Cives; o trombón José Luis Miranda e o saxo alto Richi Casás, quen tamén é o coordinador desta iniciativa.
A agrupación renderá a súa singular homenaxe ás cantareiras e á poesía popular oral a través dun repertorio musical que comeza e remata na Costa da Morte. Con Mens e as súas Pandereteiras como lugar de partida, o percorrido vai por toda a xeografía galega: das terras do sur de Ourense cos canteiros de Faramontaos ao canto de Nadal de Adolfina e Rosa na comarca de Cerceda; das Mulleres de Gharghamala, en Mondariz, aos cantos de Cervantes, na montaña luguesa, con parada no Soutomaior de Maruxa das Cortellas, antes de regresar a Camariñas. Unha viaxe a través do tempo e dos sons que configuran a banda sonora da vida cotiá, cunha envoltura contemporánea a través da sonoridade do jazz. Quen non poida gozar en directo do concerto no Pazo da Cultura de Carballo poderá velo a través do web do Consello da Cultura Galega e, ao día seguinte, na G2. Ademais, quedará dispoñible na mediateca do CCG e na plataforma dixital Agalega.