O padroado da Fundación Curros EnrÃquez acordou este sábado 8 de marzo outorgarlle o 41 premio Celanova, Casa dos Poetas a compañÃa Sarabela Teatro. A decisión, tomada por unanimidade, recoñece a "longa traxectoria no ámbito sensorial da representación escénica, asà como polo compromiso permanente demostrado coa veracidade, a honestidade e a autenticidade da que teñen feito gala, tanto cos textos escollidos para as súas representacións, coma co público ó que se teñen presentado sen máis ferramentas ou artificios cós da súa transparencia na fidedigna relación unÃvoca existente entre o actor e espectador".
Nados en 1980 en Ourense como grupo afeccionado que se profesionalizou dez anos despois, Sarabela é a formación da escena galega que máis premios MarÃa Casares recibiu ao longo da súa carreira. Segundo recolle o fallo do galardón, o grupo "leva 45 anos mantendo un compromiso irrenunciable e tenaz cos principais autores do teatro e da literatura galega (Blanco Amor, Vicente Risco ou Méndez FerrÃn) e, polo tanto, coa nosa lingua e co noso eu antropolóxico, pero sen renunciar por elo a levar a escena tamén ós grandes clásicos da literatura universal e mesmo a explorar obras propias, sempre co obxectivo que eles mesmos declaran de 'facer un bo teatro, un teatro vivo, arriscado, contemporáneo, coherente, con rigor, autocrÃtica, responsabilidade e resistencia'". O galardón, sen dotación económica, consiste nunha medalla de prata elaborada polo escultor Acisclo Manzano. O acto de entrega celebrarase o 7 de setembro na Casa dos Poetas, en Celanova.
De xeito paralelo, Sarabela foi tamén escolleita para conducir a gala dos Premios de Teatro MarÃa Casares. Os galardóns que coordina a Asociación de Actores e Actrices de Galicia conta coa compañÃa para a cerimonia que se desenvolverá o vindeiro 3 de abril no Teatro RosalÃa de Castro da Coruña. Fernando Dacosta encargarase da dirección e da dramaturxia deste evento, no que Elena Seijo, Sabela Gago, Belén Constenla, Josito Porto, Fernando González e VÃctor Mosqueira realizarán unha homenaxe ás compañÃas escénicas ambulantes.
Segundo explica a AAAG, "ao longo da velada, retrataranse as vicisitudes dos cómicos e cómicas da legua, recollendo a idea renovada de Viaxe a ningunha parte, obra referencial de Fernando Fernán Gómez adaptada á escena pola propia Sarabela en 2012. Tratarase dun divertimento con crÃtica amable sobre algunhas cuestións que inciden na actividade teatral como tamén inciden noutros sectores, todo contado dende unha perspectiva cómica e tenra".