O III Festival Imaxinaria trae 43 curtametraxes á Coruña

O encontro de animación celébrase entre os días 12 e 16 de marzo con Joanna Quinn como madriña

O encontro de animación celébrase entre os días 12 e 16 de marzo con Joanna Quinn como madriña
Un total de 43 curtametraxes compoñen o programa da sección oficial da terceira edición de Imaxinaria. O festival de cinema de animación que organiza Afundación co apoio da Xunta de Galicia, chega á Coruña entre os vindeiros 12 e 16 de marzo a achegar unha grande cantidade de estreas no noso país.

A recoñecida realizadora británica Joanna Quinn actuará como madriña desta xeira e achegará unha clase maxistral de animación ademais de protagonizar un coloquio e unha retrospectiva sobre a súa obra. Na sesión de clausura do festival recollerá o galardón honorífico que entrega o evento.

Tamén será homenaxeado co premio Activismo en Acción o músico, compositor e animador Coke Rioboó, quen fai parte do xurado da edición. Ademais, protagonizará outra retrospectiva e ofrecerá unha charla sobre técnicas de animación.

A Sección Oficial conta con filmes de 15 países, a maior parte inéditas no noso país e con producións de Canadá, Irán, Corea do Sur, Estados Unidos, Chile e Venezuela, ademais de Sobre el rostro, da galega Uxía Larrosa.

Fóra de concurso, o programa acollerá a proxección do clásico francés La Planéte Sauvage, que en 1973 se alzou co premio especial do xurado no Festival de Cannes. Pola súa banda, a sección Novos Horizontes contará co artista francés Boris Labbé.