Os Mestre Mateo apuntalan a industria audiovisual

O listado de finalistas coroa a serie Rapa seguida da longametraxe As Neves

Portocabo produccións
Portocabo produccións
A edición número XXIII dos Premios Mestre Mateo do Audiovisual galego bateu récord de candidaturas inscritas tanto nas categorías de produción, cun total de 199 obras, como de profesionais, con 536 participantes. O anuncio de finalistas, efectuado hoxe desde Pontevedra pola actriz Susana Sampedro e o sonidista David Machado desvelou o criterio dos membros da Academia Galega do Audiovisual sobre as producións que merecen ser destacadas este ano e que sinalan ao apoio á parte máis industrial e de entretemento, a máis popular en termos de público, do panorama do pasado 2024. Os títulos máis repetidos durante o anuncio dos catro finalista por cada unha das 25 categorías foron o da serie Rapa (Movistar + e Portocabo) con 18 candidaturas, a ópera prima de Sonia Méndez 'As Neves' con trece, a longametraxe Honeymoon (dirixida por Enrique Otero), que obtén ata 10 postos finalistas e o filme '+ Cuñados'(Portocabo), con 8 candidaturas. Tamén houbo algunhas mencións a serie Clanes. Por fóra destas producións de entretemento as votacións académicas tamén souberon recoñecer os méritos do filme poético-documental 'Prefiro condenarme' de Margarita Ledo, que ten catro postos finalistas.

Para o premio á mellor dirección compiten xustamente entre os nomes das producións máis votadas: Enrique Otero (Honeymoon), Jorge Coira e Javier Cámara, pola terceira tempada de Rapa, Luís Avilés por + Cauñados e Sonia Méndez por As Neves. Unha combinación que se repite nalgunha outra categoría. No caso dos finalista de interpretación masculina a presenza dos intérpretes de Rapa é maioritaria. Así nos papeis de reparto competirán pola serie de Portocabo, Adrián Ríos Diego Anido e Miguel de Lira, completando os postos Antonio Durán "Morris", polo seu papel en Honeymoon. No relativo ao actores portagonistas Rapa acapara dous posibuilidades cn Javier Cámara e Darío Loureiro. Javier Gutiérrez, ferrolán de adopción, está tamén na aposta por Honeymoon e completa a lista Federico Pérez Rey polo seu traballo en '+ Cuñados'. Máis repartidas están as categorías de interpretacións femininas. No caso das protagonistas inclúense a Carmen Machi, por 'Tratamos demasiado bien a las mujeres' (Ficción Producciones); Lucía Veiga por Na Gloria (TEX45 para TVG); Andrea Varela, Por 'As Neves' e Mónica López polo seu traballo en Rapa.

Os tres filmes con máis candidaturas ( '+ Cuñados¡, Honeymoon e 'As Neves') están tamén como finalistas á mellor longametraxe, listado que completa o filme 'Justicia Artificial'. No relativo ao premio Series de TV , á terceira temporada de Rapa está acompañada nos finalistas por Clanes, Bibopalula e 'El circo de los muchachos'. Oito curtametraxes compiten nas súas categorías, en imaxe real 'Nai', 'Platónico, plantónica', 'Pura' e 'Véxote' e en animación 'Avetimología'. 'Eu vou conmigo', 'Noites de prata' e 'Sinapse'. Completan as categorías dos XXIII Premios Mestre Mateo a de Mellor serie web, onde están 'A moza que abortou e o contou', 'Poscoito', 'Pringadas' e 'Pulp Air'. En Mellor videoclip están presentes con forza aquelas propostas de fusión da música tradicional e a electrónica, compiten 'Alentejo' de Baiuca, 'Hi, my love' de Sabela, e por partida doble Mondra con 'Marimondra' e 'Quererse ben'

Detalles sobre a gala
O acto de presentación de finalistas serviu tamén para adiantar máis detalles sobre a cea-gala que se celebrará este ano no Lalín Arena o vindeiro 15 de marzo. A actriz e presentadora Teté Delgado será a encargada de conducir o evento, cuxo guiíon corre a cargo de Manuel Cortés e Carlota Mosquera. Pola súa banda, a coreógrafa Marta Alonso dirixirá a gala que leva por lema “o audiovisual en movemento”