
Mellor promoción turÃstica; Mellor Programa Cultural; Mellor acollida e recepción e Mellor contribución á igualdade son os premios aos que aspira o festival Sinsal da Illa de San Simón. Pola súa banda a edición de 2024 de O Son do Camiño é unha das dez finalistas a levar o premio ao Mellor Festival de gran tamaño e a actuación que tivo a banda americana Green day neste festival aspira ao galardón a Mellor Concerto de artista Internacional. O Portamérica ten tamén varias opcións aÃnda, Unha delas pola Mellor Actuación de música electrónica, que ademais é a dunha formación galega, Galician Army; O festivald e Portas está tamén entre aqueles que poden ser recoñecidos polo seu emplazamento, grazas á azucareira de Portas, onde se leva a cabo. Finalmente a empresa promotora do Portamérica, Esmerarte, tamén ten un posto finalista grazas á súa cobertura en vÃdo do evento, de produción propia.
O posible palmarés galego, polo de agora finalistas con posibilidades, o completan os festival Revenidas e SonRÃas Baixas, na categorÃa de festival de medio tamaño; o Underfest Xacobreo, de Vigo, con posibilidades de acadar o premio A Mellor Festival de Recinto cuberto; e o 17º Ribeira Sacra, que é finalista a o galardón polo Contribución á sostibilidade, segundo a decisión do xurado profesional. Ademais deles, os Iberina Festival Awards tamén recoñecnen nunha das súas categorÃas os importantes traballos dos fotógrafos de eventos, neste caso a calidade daqueles que cobren os nosos festivais queda calaro ao acadar ata catro finalistas: Adrián Cunha (Pixelin Photo), polo Underfest Xacobeo; Christian Pérez, polo Revenidas; Alan Pérez, polo traballo realizado no Ouren Sound Fest; Xoán TourÃs, no Revenidas e a equipa de Javier Bragado e Daniel Cruz, polo traballo no Resurrection Fest. Mçais alá de festivais musicais os Iberian recoñecen outros tipos de eventos e neste caso son o Asalto ao Castelo de Vimianzo e a Festa do Marisco de O Grove ios dous finalistas galegos no premio a Mellor festividade.
Desde a Asociación Galega de Empreseas Musicais (AGEM) reciben estas candidaturas con satisfacción sinalando o "momento excepcional para os festivais de música na nosa terra" que esto representa como mostra da "calidade, diversidade e profesionalidade dos eventos que se celebran aquÃ" e que "non pasan desapercibidos" AGEM afrima que este recoñecemento "reflicte o esforzo, a creatividade e o talento que fan de Galicia un referente no panorama musical ibérico".