A Xunta remite ao ministerio de Cultura o novo expediente da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

Destacar o valor paixasístico marcado pola auga e o patrimonio hidráulico

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:
Presentación en FITUR do conselleiro cos responsables públicos da área da Ribeira Sacra. Foto: Xunta

Presentación en FITUR do conselleiro cos responsables públicos da área da Ribeira Sacra. Foto: Xunta

O conselleiro de Cultura, José López Campos, anunciou onte en FITUR que a Xunta xa presentou a documentación do expediente da Ribeira Sacra ao Ministerio de Cultura, a entidade encargada de remitir á UNESCO as candidaturas españolas a Patrimonio Mundial. Campos confirmou que é un "paso clave" co obxecto "de que esta documentación sexa revisada polos organismos avaliadores da UNESCO". O conselleiro enfatizou o cambio de enfoque da candidatura, pasando da idea inicial ao redor da paisaxe e o extraordinario patrimonio monástico, medieval, con importantes exemplos de arte románica e doutros estilos, á paisaxe da auga, "dun xeito novidoso que non está presente aínda de xeito suficiente na Lista de Patrimonio Mundial". O enfoque actual destacado pola Xunta pon o foco o valor dos "canóns e vales fluviais esculpidos pola auga e que achegan uns espectaculares trazos físicos", fala da estrutura territorial marcada pola auga e o "patrimonio hidráulico, con infraestruturas que teñen chegado aos nosos días desde a revolución tecnolóxica medieval á irrupción da hidroelectricidade. Así, recóllense no expediente a numerosa cantidade de muíños, centrais ou os saltos impresionantes de auga".

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura, Ribeira Sacra, Paisaxe, UNESCO...

Claves

Protagonistas
Conceptos