O Diario Oficial de Galicia deste 23 de xaneiro publica a convocatoria de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego. Esta liña de axudas, que ten o prazo aberto ata o vindeiro 24 de febreiro, mantén ao igual que en 2024 uns fondos de 176.000 euros.
As bases recollen unha liña de apoio a curtametraxes, que conta á súa vez con modalidades para filmes en proxecto e para outros pendentes de traballos de postprodución. A primeira destas liñas prevé subvencionar ata 6 proxectos cun máximo de 8.000 euros cada un, mentres á segunda dedícanse 8.000 euros a repartir entre dúas propostas. No caso das longametraxes, prevense uns fondos de 120.000 euros que beneficiarán a un máximo tres producións, cun tope de 40.000 euros por proxecto.
A convocatoria está aberta "ás persoas físicas que poidan acreditar a súa vinculación previa coa realización dunha obra audiovisual ou formación académica no ámbito da creación ou produción audiovisual, ou ben a súa participación en cursos ou obradoiros relacionados coa creación audiovisual, e desenvolvan a súa actividade habitual maioritariamente en Galicia".
Tamén se poden presentar "persoas físicas autónomas ou as persoas xurídicas que estean constituídas como produtora independente no momento de presentar a solicitude, teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e desenvolvan a súa actividade habitual maioritariamente en Galicia".