Dous convenios cos concellos de Ares e Valdoviño supoñen o primeiro paso do Plan de Recuperación das Baterías Militares de Ferrolterra que promove a Deputación da Coruña. Os acordos, asinados este 10 de xaneiro, supoñen o investimento de 621.420 euros para a redacción de proxectos, os primeiros traballos e o acondicionamento exterior das antigas baterías militares da Bailadora (Ares) e Campelo (Valdoviño).
En concreto, o emprazamento artilleiro de Ares recibirá 355.242,60 euros para o proxecto, mentres o orzamento previsto para o de Valdoviño é de 266.177,40 euros. A estes sumarase o acordo previsto co Concello de Ferrol para a recuperación das baterías de Monteventoso e a súa contorna, co o investimento alcanzará o millón de euros.
Canda a isto, a Deputación xa conseguira en 2023 o compromiso do Goberno de España para achegar dous millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia mediante o Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD).
A intención da entidade provincial é recuperar o observatorio meteorolóxico de Monteventoso, crear aparcadoiros disuasorios nas proximidades das baterías, adecuar as vías e zonas de acceso a estas construcións ou a creación dunha páxina web e un mapa virtual cos recursos turísticos da zona.
A isto súmanse propostas como a recuperación e limpeza do baluarte de San Xoán, do século XVIII e o desenvolvemento "de ferramentas dixitais sobre o patrimonio histórico do centro de Ferrol e as baterías militares da Costa Ártabra e a rexeneración de zonas verdes e parques públicos".
Segundo apuntou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, é intención do seu goberno que este "sexa un proxecto de referencia en Europa no vindeiro lustro".