Se nos contan que un equipo de cientÃficos e especialistas en virtualización están a reconstruÃr, con ferramentas de última xeración, unha poderosa máquina do pasado con máis de oitocentos anos de antigüidade e con capacidades"inmersivas, deseñada para crear experiencias cognitivas multisensoriais", pensarÃamos que nos están a contar o argumento dunha nova serie de ciencia-ficción das plataformas de streaming. Pero sucede aquà e agora: é o desaparecido coro do mestre Mateo da catedral de Santiago, e os primeiros resultados, espectaculares, foron presentados onte no paraninfo da Universidade de Santiago (USC). Baixo a dirección do historiador Francisco Prado Vilar, do CISPAC da USC de Compostela, e mercé ao financiamento da Axencia Estatal de Investigación e a colaboración entre a USC e a Fundación Catedral de Santiago, foi posible estudar en detalle as numerosas pezas do coro recuperadas. O resultado, aÃnda parcial, propón unha deslumbrante visión alternativa e renovada do coro, as súas funcións e as desafiantes conexións coas innovacións da cultura musical europea do momento.
O coro do mestre Mateo foi desmantelado no século XVII para dar lugar a unha nova instalación barroca. Pero moitas das súas pezas non desapareceron. Foron soterradas na propia catedral, valeron como base do pavimento da Escaleira Maximiliana que hoxe preside o Obradoiro ou nalgúns casos mesmo forman parte de cruceiros da contorna compostelá. A aparición progresiva deste coro pétreo románico, que hoxe pode ser visto cunha proposta de reconstrución no museo da Catedral, deu lugar a diferentes propostas de interpretación. "O achado recente de novas pezas do coro durante as obras de acondicionamento da cripta do Pórtico da Gloria", explica Francisco Prado, "permitiu alcanzar unha nova visión de diversas partes da súa estrutura, especialmente a súa fachada, decorada cun ciclo de revelos da infancia de Cristo".
Pero a visión de Francisco Prado non consistiu unicamente en revisar as anteriores propostas de reconstrución desta abraiante estrutura románica, parte da visión que o mestre Mateo tivo da catedral canda o Pórtico da Gloria, senón en facelo desde unha novidosa perspectiva, cruzando "a historia da arte, a musicoloxÃa, a fenomenoloxÃa e a neurociencia cognitiva". O investigador tentaba ubicar non só a disposición formal dos diferentes elementos, a xeito dun crebacabezas románico, senón comprender o coro como unha arquitectura, unha "maquinaria con capacidade de inducir modos de comportamento e, deste xeito, influenciar na vida das persoas e dos procesos históricos". O coro do mestre Mateo é un "exemplo excepcional para investigar as tecnoloxÃas da memoria, da percepción e da cognición".
Un detallado modelo tridimensional
A este novo enfoque, Prado Vilar chamouse KosmoTech_1200. Prado decatouse de que para poder comprender o funcionamento da máquina mateana era preciso percibila espacialmente, na súa dimensión integral, e obter datos a partir desa nova realidade virtual. As pezas orixinais foron copiadas dixitalmente a través de fotogrametrÃa. Aquelas ausentes foron reconstruÃdas a partir de estudos comparativos, e os dous tipos de obxectos compoñen un modelo ao que se restituiu a policromia a partir das evidencias limitadas existentes. E o mobiliario botou man da comparación con fontes da época. Por exemplo, na recreación dixital obsérvanse por detrás das cadeiras unhas cortinas pintadas, que proceden do Libro de Horas de Fernando I e Sancha, o libro máis antigo de Galicia, conservado na biblioteca da USC. O detallado proxecto de virtualización foi levado a cabo por Anxo Miján como coordinador, Alexandre González Rivas como virtualizador e Carlos Paz como especialista en planimetrÃa.
Proposta de reconstrución de catro sitiais do coro en detalle. Imaxe: Kosmotech_2000CISPAC/USC
Unha testemuña única da emerxencia da polifonÃa
Para Prado Vilar, o coro do mestre Mateo é excepcional, e testemuña dos contactos entre a catedral de Santiago e os núcleos culturais de ParÃs durante a coñecida como 'Era Compostelá', un perÃodo de gran esplendor artÃstico, polÃtico e cultural de Galicia a cabalo entre o século XII e inicios do XIII. Para o investigador, o coro "é extraordinario porque é o único coro supervivente que é contemporáneo da emerxencia da polifonÃa musical" na Europa do finais do século XII. Este espazo está "directamente conectado, por vÃnculos de padroado e intercambios musicais, co centro no que se produciu esta innovación musical, Notre Dame de ParÃs". De aquela, numerosos cóengos da catedral compostelá estudaban na universidade parisina e a conexión teolóxica entre os dous espazos é total. "Non por casualidade", afirma Prado, "a composición máis antiga da escola de Notre-Dame, escrita por Albertus Parisiensis, atópase no Códice Calixtino". Pero aqueles compositores innovadores franceses nunca viron un coro construÃdo na súa catedral, porque a edificación deste espazo en Notre Dame sucedeu na segunda década do século XIII". Porén, "é en Santiago onde se construÃu o coro que eles tiveran soñado, e que reflicte o universo tecnolóxico, visual e sonoro que acompañou a emerxencia da polifonÃa".
O proxecto Kosmotech_1200 continúa desenvolvendo virtualmente o espazo do coro mateano. Nos vÃdeos presentados onte, pódense apreciar vista xenéricas de toda a estrutura, disposta na nave principal da catedral de Santiago, e unha detallada reconstrución de catro sitiais do coro, que se poden ver de seguido neste vÃdeo. Recomendamos velos a máxima restitución e nunha pantalla o máis grande posible para gozar da experiencia desta máquina da memoria, da música e da ledicia do canto soñada na Compostela dos séculos XII e XIII.