![](imaxes/edicion/cartel_pura_cmendez.jpg)
En palabras da realizadora "Pura naceu da necesidade de mirar cara dentro, de recoñecerme, de recordar(me). E volvín á casa. Sabía que era alí onde estaba todo, con elas. Collín unha cámara e gravei a miña nai e a miña avoa. O seu retrato é tamén o meu. Quería reconciliarme co lugar e cos recordos E acabei chea de amor. Todo o proceso desta curta foi tan potente, duro e fermoso ó mesmo tempo, que nunca o esquecerei".O resultado está a acumular recoñecementos desde a súa estrea en Cineuropa, onde levou o Premio na sección Supernova, dedicada a cineastas emerxentes galegas; posteriormente nas xornadas Xociviga acadou o Premio XENTE DE AQUÍ á mellor peza galega. A cinta participa este días en Bogotá,(Colombia) dentro da sección Especial Nexos Femininos do 22 Bogoshorts. Méndez é ademais unha recoñecida actriz en series y películas y mantén espectáculos escénicos en directo.